Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Teresa Domínguez: “Debemos resetear a educación tal e como está concibida”

A exdirectora do CRA Mestra Clara Torres de Tui avoga por realizar actividades na casa como facer podcast, tertulias e debates familiares ou doar libros que xa non se usen

Victoria Alonso, Enrique Cabaleiro, Teresa Domínguez e María Jesús Guinde, onte no Club FARO celebrado en Tui. | // RICARDO GROBAS

Teresa Domínguez: “Debemos resetear a educación tal e como está concibida”

A educación está no debate público dende o inicio da pandemia. A necesidade de adaptarse ás novas circunstancias e, sobre todo, o feito de que o confinamento cambiase radicalmente o modo de ensino aos nenos e aos mozos, que tiveron que facer tarefas na casa sen asistir a clase durante longos meses, provocou que moitos cuestionasen o modelo educativo. Os pais quéixanse de que nin as súas casas nin eles mesmos estaban preparados para facer fronte ás tarefas que lles encargaban no colexio. Por iso, e por moitas outras razóns, a exdirectora do CRA Clara Torres de Tui aposta na súa nova edición de calendarios competenciais por resetear a educación tal e como está concibida na actualidade, na que moitos centros séguense baseando exclusivamente na tranmisión de contidos.

“Cando descubrimos que os nenos tiñan que seguir aprendendo nas súas casas, nestes calendarios puxemos a disposición das familias ferramentas que foron fundamentais para a instrución dos seus fillos durante ese tempo de confinamiento”, explica a xa exdocente tudense, que se acaba de xubilar recientemente.

E é que para esta tudense, que foi premio nacional de Educación, a familia é o principal ámbito educativo no que se moven os mozos e os nenos, seguidos pola súa contorna (amigos, redes sociais...) e polos colexios, escolas infantís ou institutos onde estuden. “A educación é un proxecto global compartido entre a familia, os pobos, as escolas...” apuntou onte Teresa Domínguez na presentación do seu proxecto de calendarios competenciais no Club FARO que se celebrou no aula Uned de Tui cun aforo reducido de vinte persoas debido á situación sanitaria.

Repartíronse nesta edición uns 2.000 calendarios competenciais en centros educativos de Primaria, Infantil e, por primeira vez dende que arrincou esta iniciavia, tamén en Secundaria. Teresa Domínguez e os docentes que colaboraron na súa elaboración, tiveron en conta que moitas casas non teñen conexión a Internet, que os pais necesitan os ordenadores para teletraballar ou outras circunstancias adversas, por iso facilitaron ferramentas e propuxeron actividades que se podían realizar en moitas ocasións sen o uso de tecnoloxía. Tarefas deseñadas sobre todo para facer de forma compartida en familia, como a creación de receitas saudables, realizar debates e argumentacións entre todos os membros do núcleo familiar, recoller libros que non se empregan para doalos ou descubrir formas xeométricas nos distintos monumentos dos municipios.

Entre as actividades deseñadas específicamente para alumnos de ESO e bacharelato, destacan algunhas tan curiosas como o visionado dunha película como Forrest Gump e gravar un audio coa valoración ou a opinión sobre a película e compartilo cos seus amigos ou ata subilo a YouTube. Outras actividades destacadas e moi pegadas á actualidade sería a creación dun podcast ou a elaboración dun documental (non hai que esquecer que en Tui celébrase un dos festivales de documentales máis importantes do mundo, o Play-Doc) ou dun podcast.

Todo iso, defende Teresa Domínguez, busca fomentar a reflexión, o traballo en equipo, a investigación ou a creatividade, máis alá da pura memorización de contidos. “Ademais tamén buscamos actividades que fomenten un desenvolvemento sostible, que permitan coñecer o territorio no que os nenos e os mozos móvense (é dicir, o municipio no que viven), e aprender todo con interese e motivación. Estamos nunha situación complicada, pero imos saír adiante se temos a capacidade de sobrepoñernos a situacións negativas como a que estamos vivindo”, afirmou a exdocente de Tui, moi implicada na vida do seu municipio natal, na súa exposición final.

“Hay colexios que seguen centrados únicamente en transmitir contidos”

No Club FARO onde se presentaron os calendarios competenciais deste ano, tamén estivo presente María Jesús Guinde Martínez, nai de dous fillos e colaboradora do proxecto. Na súa intervención, lamentou que hai colexios que seguen centrados nunha educación tradicional baseada exclusivamente na transmisión de contidos. “Creo que non se está ensinando aos rapaces a reflexionar, a debatir ou a fomentar a curiosidade”, lamenta esta nai. Tamén recordou como, durante o confinamento, os seus fillos chegaban a casa e nin eles nin os pais sabían o que tiñan que facer coas tarefas que lles encargaban desde os seus respectivos centros de estudos. “Hai que formar aos rapaces para que sexan responsables e saiban facer fronte ás circunstancias que se lle presentan na vida. Moitas veces, desgraciadamente, pais e profesores non estamos no mesmo equipo”, lamenta. Ademais, laia que hay moitos nenos e universitarios que “pasan de curso por pasar” pero sen que lles merezca a pena máis alá do resultado académico. “Hai universitarios que están en segundo de carreira, aproban todas, e non saben por qué están ahí”, lamenta.

“As familias teñen que ter ferramentas para educar aos seus fillos”

O acto foi presentado pola diputada provincial Victoria Alonso, que puxo en valor que estes calendarios competenciais son moi importantes porque os nenos poden seguir aprendendo no seu entorno familiar. “Os pais teñen dereito a que os colexios lles faciliten ferramentas para educar aos rapaces na casa”, afirmou. Tampouco faltou ao evento o alcalde de Tui, Enrique Dcabaleiro, que asegurou que “é un enorme privilexio ser anfitrión deste evento e de poder acoller o Club Faro. Teresa Domínguez adicou gran parte da súa vida a docencia. “E hai que reivindicar a labor impabagable dos profesores, que ás veces é pouco recoñecido”, apuntou o rexedor tudense.

Compartir el artículo

stats