Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Homenaxe para Chao, Celso Parada e Gustavo Pernas no Congreso de Teatro

O I Congreso Internacional de Teatro Galego finalizou onte homenaxeando a tres figuras fundamentais do teatro galego desaparecidas nos últimos tempo. Ernesto Chao, Gustavo Pernas e Celso Parada foron lembrados na cerimonia de clausura, na que se lles entregou, a título póstumo, a Medalla da Academia Galega de Teatro. No acto, no que se deron a coñecer as primeiras conclusións do Congreso, tamén se nomeou Membros de Honra da Academia a Manuel Lourenzo, María Xosé Queizán e Luís Álvarez Pousa.

A xornada prendeu homenaxe a toda unha xeración que traballou para que a escena galega existise, destacou a organización do simposio.

O I Congreso Internacional de Teatro Galego analizou durante os últimos tres días cuestións relacionadas coa experiencia acumulada no teatro galego nos últimos corenta anos, sobre os retos que enfronta na actualidade.

Compartir el artículo

stats