Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

De soños e pombas

O poeta vigués Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil recita os poemas da segunda entrega de 'Versos para ler e soñar'

"De soños e pombas" los poemas de Antonio García Teijeiro para amenizar la cuarentena

"De soños e pombas" los poemas de Antonio García Teijeiro para amenizar la cuarentena

"De soños e pombas" los poemas de Antonio García Teijeiro para amenizar la cuarentena. // Carla Pesqueira

Un soño que voa: o vento.

V

Yo voy soñando caminos

de la tarde...

e síntome un viaxeiro

entre chopos e palabras

entre voces e sendeiros

entre olmos e aciñeiras

entre aromas e poemas

entre rochas e silveiras

e caminante incansable

comigo levo un arado

para deixar entre os regos

moitos versos de Machado.

Un soño sonoro: o mar.

VI

Soño en branco

Soño en negro

Se abro un ollo

non o cerro.

Non os abro

Teño medo

Chove moito

Chora o ceo

Hai tormentas

e luceiros

que se perden

entre os regos

Soño en branco

Soño en negro

se abro un ollo

non o cerro.

Un soño contado: conto.

VII

Do revés

falan as pombas

Do dereiro,

os reiseñores,

pero falen

o que falen

falan con verbas

de cores

Un soño soñado: paz.

VIII

Que brancas as verbas

as daquela pomba

que vive na neve

que dorme nas ondas!

Que verbas marelas

deixoume un outono

a pomba do millo

perdidas no sono!

Que verdes, que verdes

da pomba esas verbas

deitadas con meco

no medio das herbas!

E que ben que soan

molladas nas cores

as verbas das pombas

palabras de flores!

Compartir el artículo

stats