Os centros educativos que participan no proxecto FARO DA ESCOLA recibirán varias visitas sorpresa. Por exemplo, as de escritores e escritoras, que realizarán un percorrido por distintos colexios. Un deles é Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil, que hai uns días xa compartiu poemas cos escolares do CEIP da Cruz-Budiño e do CPR Santo Tomás.

Que outros autores e autoras lerán versos e reflexionarán sobre metáforas e imaxes evocadas polos poemas? Anxo Fariña, Ledicia Costas, Miguel Ángel Alonso Diz, Teresa González Costas, Xavier Estévez e Xosé Tomás.

Todos eles terán o seu particular 'tour' por Vigo, Pontevedra, A Estrada, Moaña, Vilanova de Arousa, O Porriño, Marín, Cangas, Bueu, Vilagarcía de Arousa,Nigrán, Redondela, Tui, A Guarda ou Cambados.