Despois de casi 6 anos de silencio discográfico, Heredeiros da Crus presenta "Derretidos", o que consideran o seu álbum máis contundente ata a data.

A banda galega lanzaba o xoves en YouTube o seu primeiro videosingle, "Esquimales", asinado por Xaime Miranda, e que leva preto de 8.000 visualizacions nesta plataforma. Con Iago Lorenzo na produción, Heredeiros da Crus perfilan un son más rockeiro e atemporal.

Heredeiros presentou onte o disco en Arrecife (Canarias) e posteriormente adentrarase nunha intensa xira por Europa e a Península: Londres (02 de novembro), Barcelona (09/11), Madrid (23/11), Santiago de Compostela (30/10) e Xenebra (07/12).