Máis de 150 obras concurrirán ao Festival Primavera do Cine
O certame consolídase como referencia no mundo lusófono
A menos de dúas semanas de rematar o prazo de inscrición de obras a concurso, o Primavera do Cine xa recibiu preto de 150 obras das que destaca a súa calidade e actualidade. De feito, unha das grandes novidades da sección oficial da VIII edición, será que todos os traballos estarán producidos desde o ano 2017 en adiante, buscando así ofrecer un contido moito máis novidoso. Nesta nova convocatoria destaca tamén a importante presenza de traballos de Brasil, convertendo ao festival na porta de entrada da lusofonía en Europa.
O certame, que terá lugar entre o 30 de abril e o 5 de maio, está xa a traballar no resto de actividades paralelas que complementarán a sección oficial. Así, entre os actos máis importantes, encóntranse, entre outros, Cine Miúdo, destinado a cativos e cativas de infantil e primaria; Cine nos Barrios, que achegará o cine aos veciños da cidade ou o Ciclo de Cine Brasileiro, un evento que tivo unha gran repercusión o ano pasado e que conseguiu encher as salas dos Multicines Norte en cada unha das súas sesións.
Así, durante abril e maio, o Primavera do Cine promoverá o cinema e a cultura para que Vigo poida gozar dun festival cada vez máis afianzado na cidade e sempre cuns prezos populares. O prazo de inscrición segue aberto e todos os cineastas ou produtoras que queiran enviar os seus proxectos de producción galega ou lusófona (tanto curtas como longametraxes e videoclips) poderán facelo inscribíndose na web ata o 25 de febreiro.
Temas
Más en Sociedad
-
Las ONG temen que la Isla de Alborán se convierta en una "prisión flotante" encubierta para inmigrantes
-
¿Cuándo tengo que ir con mi hijo al médico o a urgencias porque le duele la barriga?
-
Terremoto de 2,2 grados con epicentro en el corazón de la laguna rosa de Torrevieja
-
Galicia activa el plan de inundaciones por las lluvias previstas