A cuarta entrega de "Hoxe con Manquiña" (domingo, 23.30, TVG) viaxa ata Ribadeo para coñecer de primeira man as anécdotas menos coñecidas dos Calvo-Sotelo. Relatos dunha familia que vive e pervive na memoria do país; asasinatos, golpes de Estados, masonería, a presidencia, a entrada na OTAN, a nova bandeira... e un sen fin de historias que contará en primeira persoa un dos seus fillos, Leopoldo Calvo-Sotelo, xuíz do Consello de Estado, e fillo do que foi presidente do Goberno entre 1981 e 1982.