| O Foro E. Peinador reuníuse con directivos de Pescanova, Mecadis, Destilerías Compostela, Rodríguez López Auot, Itelsis e Celtic Stores. As cinco empresas acordaron celebrar actos de galeguidade empresarial e facer coparticipe deles aos seus traballadores, provedores e clientes, coa finalidade de anunciarlles a incorporación da lingua galega nas relacións laborais, publicidade e outros extremos relacionados coas súas actividades. Asistíu o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín Garcia, e o novo reitor da USC Antonio López, que se incorpora ao Foro.