17 de mayo de 2018
17.05.2018

SondeSeu compón melodías na 'Beiralúa'

O disco inclúe a peza de Anxo Pintos da candidatura das Cíes a Patrimonio da Humanidade

17.05.2018 | 02:23
Os músicos de SondeSeu durante un concerto. // FdV

Nese espazo imaxinario, nas marxes da lúa, ubica SondeSeu o seu quinto disco, que sairá á rúa o sábado. O traballo incorpora novas sonoridades, avanzando no estilo desta orquestra de música folk contemporánea: a procura dun novo enfoque das melodías de tradición oral. Ademais de Pintos, Xesteira, Romaní ou Liz, "Beiralúa" inclúe obras creadas por Pedro Lamas, Xosé Lois Romero ou Quico Comesaña, coa presenza de Susana Seivane, Orfeón Treixadura ou Rosa Cedrón.

Dende cancións presentes no imaxinario colectivo, do tipo "Ahi ven o Maio" ou "Campanas de Bastabales", interpretadas neste caso pola cantante e música Rosa Cedrón ou polo Orfeón Treixadura, ata a obra de Anxo Pintos titulada "San Martiño", unha composición de quince minutos de duración creada polo músico para a candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade. 'Beiralúa' é o nome do novo disco de SondeSeu, a orquestra europea de música folk con base en Vigo, un traballo que convida "á danza colectiva".

A beiralúa é "o espazo onde se atopan os exploradores dos roteiros da imaxinación; nas marxes da lúa pódense intuír as pecualiares (an) danzas destes seres", expresa de modo metafórico o grupo vigués. E é nese escenario onde SondeSeu ubica as composicións do seu novo disco: "unha invitación sonora" para percorrer ese momento idílico nas marxes da lúa.

Para Xaquín Xesteira, presidente da Fundación SondeSeu, este traballo chega nun momento de madurez, "a madurez propia de 17 anos de percorrido". O disco incorpora "novas sonoridades e experiencias co ánimo de darlle un enfoque novo á música de tradición oral; seguimos avanzando nese camiño", apunta Xesteira. Ademais dos compositores e arranxistas habituais (Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Rodrigo Romaní ou Xosé Liz) neste traballo hai obras creadas para a orquestra por nomes como Xosé Lois Romero, Pedro Lamas ou Quico Comesaña, xunto coa presenza da gaiteira Susana Seivane, Orfeón Treixadura ou Rosa Cedrón.

No novo traballo aparece tamén a "Rumba de Ribeira de Piquín", "cun arranxo feito por Pedro Lamas, músico e fundador da Orquestra de Jazz de Galicia", expresa Xesteira. Xosé Lois Romero, en varios proxectos, como Aliboria, achega o seu toque persoal a través do "Maneo de Malpica". Dende aquel inicial "Mar de Vigo", SondeSeu non parou de avanzar na reelaboración da música de tradición oral, incorporando a colaboración de compositores e músicos e enchendo os escenarios cos numerosos intérpretes que compoñen as seccións de gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas, canto, arpas e corda pulsada.

Logo virían "Barlovento", "Trastempo" e "Danzas Brancas", ata chegar a este momento de luz case nocturna con "Beiralúa", que a orquestra estreará este sábado no Auditorio Municipal de Cangas (21:00 horas), o mesmo día no que o disco sairá á rúa. SondeSeu naceu no ano 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios, actualmente E-Trad. Como orquestra de música folk contemporánea, con temas procedentes da tradición oral da música popular arranxadas especialmente para a formación, supuxo unha nova fórmula orquestral imitada noutros países. A orquestra de Helsinki, como recorda Xesteira, fixouse no modelo de SondeSeu para montar unha proposta similar, de modo que, na actualidade, o grupo finés sitúase xunto ao vigués e a unha formación italiana na elite da rede de orquestras europeas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia