"Pescadores de historias" descubre hoxe en Arousa o oficio do marisqueo a flote
O programa "Pescadores de historias" da TVG visita ehoxe un porto cunha importante cantidade de xente traballando o oficio do marisqueo: Vilanova de Arousa. Na súa confraría están rexistradas 78 embarcacións, en que traballan 144 homes e mulleres que capturan principalmente, ameixa, navalla e longueirón. A patroa maior, María José Vales, comentará a importancia do marisqueo para esta Confraría.
O equipo do programa toparase tamén con Javier Rey, que explicará a forma correcta de manexar o raño para coller a ameixa, e navegará na lancha de Alberto Martínez e Manuel Piñeiro, que ás veces comparten embarcación para compartir gastos e acadar maior rendibilidade no traballo. No caso de Alberto, é mariscador desde antes de nacer, xa que a súa nai ía traballar estando embarazada.
Os espectadores tamén coñecerán as historias dun mergullador que vai á navalla e ao longueirón, un oficio ben distinto ao da ameixa: José María do Val, un pioneiro da captura deste marisco en Vilanova.
Temas
Más en Sociedad
-
Sorteo de El Gordo de la Primitiva del domingo 28 de abril de 2024
-
Sorteo Bonoloto del domingo 28 de abril de 2024
-
Más de dos millones de mujeres sufren violencia económica: una forma de maltrato invisible y no incluido en la ley
-
Víctimas de violencia machista económica: “No me dejaba trabajar y controlaba todos los tíquets”