16 de abril de 2018
16.04.2018

A 'wikipedia' do patrimonio galego chega aos 10.000 bens

Patrimoniogalego.net logra o fito logo de sete anos de traballo voluntario e ao marxe das institucións

16.04.2018 | 14:06
Petróglifo da Laxe das Presiñas, en Gondomar // Óscar Franco / patrimoniogalego.net

Un caso paradigmático de como, ás veces, un grupo de persoas sen máis interese que o ben común chea os ocos que as administracións competentes deixan baleiros: patrimoniogalego.net, unha sorte de 'wikipedia' que recolle e difunde os bens cultuais de Galicia, vén de acadar as 10.000 fichas rexistradas no seu sito web.

O petróglifo da Laxe da Presiña, en Gondomar, catalogado por Óscar Franco, quedará para a memoria de patrimoniogalego.net coma a entrada número 10.000 que figura no catálogo, unha iniciativa que dende 2011 pon a disposición do público fichas dos bens culturais inmobles repartidos por toda a xeografía galega. Un traballo de catalogación feito por voluntarios que suplen a carencia dun inventario oficial de esta caste.

"Foi un soño, pero comprímolo!", escribe o profesor universitario, comunicador e impulsor da iniciativa Manuel Gago, na publicación na que dá conta do fito. Sete anos -a páxina comenzou a funcionar en 2011-, 200.000 quilómetros percorridos por decenas de catalogadores e xa máis de 10.000 bens rexistrados, dende o máis obvio e rechamante -a catedral de Santiago, poñamos por caso- ata elementos máis humildes e descoñecidos, por exemplo o muíño de Eifonso, situado na parroquia viguesa de Bembrive.

Muíño de Eifonso // Óscar Franco / patrimoniogalego.net

Patrimoniogalego.net carece de financiamento público, agás o patrocinio do servidor por parte de Dinahosting dende o primeiro momento, lembra Gago. "Un grupo de persoas foron quen de crear unha enorme cartografía do patrimonio cultural de Galicia mentres as administración públicas, obrigadas por lei á difusión pública do catálogo do patrimonio continúan sen ofrecer ferramentas para acceder a esta información alén das puntuais necesidades da lexislación urbanística".

Este "fito enorme dentro da historia do patrimonio cultural deste país", que se conmemorará con actividades diversas esta primavera, non sería posible, reflexiona Manuel Gago, sen un grupo de catalogadores "constantes, sistemáticos e teimudos" que sacrifican o seu tempo para poner a disposición o seu coñecemento do territorio.

"Non é un grupo moi grande, como é habitual nas redes sociais, pero merecen a homenaxe e o agradecemento de todo este equipo e, estamos convencidos, dos numerosos usuarios diarios do web"

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia