Cultura e a Fundación Cela divulgarán a obra do nobel
O convenio céntrase nos seus libros de viaxes
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e presidente do Padroado da Fundación Pública Galega Camilo José Cela (FPGCJC), Román Rodríguez; o director do Instituto Cervantes, Juan Manuel Bonet; o titular da Deputación de Guadalajara, José Manuel Latre; e o responsable da Fundación Charo y CJC, Camilo José Cela Conde; asinaron hoxe un protocolo para colaborar na realización de accións e actividades relacionadas coa promoción e a difusión internacional da obra de Camilo José Cela, e especialmente dos seus libros de viaxes, que inclúen obras como "Viaje a la Alcarria", "Del Miño al Bidasoa", "Viaje al Pirineo de Lérida", "Cuaderno del Guadarrama", "Ávila" ou "Vagabundo por Castilla", entre outras.
Nun acto celebrado na sede da FPGCJC e do museo que leva o nome do nobel galego, en Iria Flavia, o conselleiro explicou que a sinatura deste acordo ten un obxectivo claro, o de continuar co traballo de promoción e difusión da obra do gran autor que foi Cela, "probablemente o mellor escritor español da segunda metade do século XX".
Temas
Más en Sociedad
-
Sorteo de El Gordo de la Primitiva del domingo 28 de abril de 2024
-
Sorteo Bonoloto del domingo 28 de abril de 2024
-
Más de dos millones de mujeres sufren violencia económica: una forma de maltrato invisible y no incluido en la ley
-
Víctimas de violencia machista económica: “No me dejaba trabajar y controlaba todos los tíquets”