O Consello da Cultura Galega prepara mostras sobre Castelao e Cancelo
O 25 de xullo de 1948, en Bos Aires, cidade na que acabaría finando, Castelao pronunciaba o seu célebre discurso político "Alba de Groria" no que evoca o seu desexo de sobrevoar Galicia no día da patria ó tempo que, para mitiga-la dor, evoca diferentes figuras de galegos egrexios ó longo da historia, unha "Santa Compaña de inmortales galegos". En total, 64 persoeiros cuxa vida e obra pretende recuperar para unha exposición o Consello da Cultura Galega ó longo deste ano.
Nese discurso, Castelao comezou por Prisciliano, Eteria, Idacio, San Pedro de Mezonzo, Xelmírez, Alfonso VII, Mateo, Airas Nunes, Meendiño, Martín Códax, Inés e Xohana de Castro, entre outros moitos.
Outra das mostras para este ano do Consello da Cultura Galega recollerá o legado do fotoxornalista Cancelo coa súa ollada sobre Azaña, Casares Quiroga ou Franco. Ademais, a institución galega organizará a vixésima edición dos Encontros de Normalización Lingüística e o contreso "Diáspora e nacionalismo galego", entre outras actividades.
Temas
Más en Sociedad
-
El coste laboral de la maternidad: casi 9 de cada 10 mujeres han renunciado a salario, empleo u oportunidades
-
En junio vuelve la Fiesta del Cine a todas las salas con entradas a 3,50 euros
-
Médicos y pacientes piden ampliar la cobertura de la atención bucodental a las personas con diabetes
-
Anuncian huelga en Lavacolla por la sobrecarga de trabajo tras el cierre de Peinador: "Es insostenible"