Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

El verano de mi vida

María Mera: "Xa haberá tempo para viaxar; quero gozar da miña terra"

"O meu verán está sendo este; fai case dous anos que son mamá e agora coa miña filla todos os momentos son especiais"

A Actriz María Mera e a sua filla Dalia, divertíndose na praia, neste verán de 2017. // FdV

María Mera, (Boqueixón, 1986) soubo sempre compaxinar os seus traballos como actriz e presentadora. A súa primeira aparición no mundo da interpretación na exitosa serie "Matalobos", fixo de Vanesa Viaño un dos persoaxes máis queridos das nosas pantallas, e situou a María na listaxe dos rostros máis representativos da televisión galega. Co paso dos anos, a sua carreira avanzou ata o punto de traballar en grandes producións xunto a profesionais da talla de Dani da Torre en "El Desconocido" ou co mesmo Pedro Almodóvar en "Julieta". Tamén conseguiu protagonizar a exitosa miniserie "Dalia, a Modista". Pero sen dúbida, a vida da actriz cambiou por completo coa chegada da súa filla Dalia, que a día de hoxe está a piques de cumprir dous anos. Nesta ocasión, a artista galega relata como está sendo o verán da súa vida, precisamente neste de 2017, en compañía da súa pequena, a presenza indispensable nas súas vacacións predilectas.

"En realidade si pénsoo creo que para min o mellor verán está sendo este. Fai dous anos case que son mamá, e a verdade que os de agora son moi diferentes a como eran antes", explica María.Como ela mesma afirma, "estas vacacións están sendo incribles e agora coa miña filla todos os momentos son especiais".

A pequena Dalia xa ten 21 meses, e como indica a súa nai "empeza a vivir a gozar as cousas doutro xeito". "Encántanos a praia, imos sempre por Portosín, porque temos alí a casa dos avós", apunta María, antes de engadir que ela "é de praia 100%, fascíname, e ver que a ela lle gusta tanto a auga, como goza coa area... é algo marabilloso".

Para a artista resulta curioso cómo nestes momentos vese reflexada na súa filla, en todos aqueles veráns da súa infancia, en compañía da súa familia. "Vivir con ela estes momentos é como volver vivir todo de novo por primeira vez, é coma se a través de Dalia viaxase á miña propia infancia", sinala María. "Recordo eses veráns nos que ía cos meus pais e os meus irmáns, todos no mesmo coche, enlatados os cinco no coche", comenta entre risas, antes de engadir que ela "sempre estaba ansiosa por ir á praia, e preparaba detalladamente a mochila unha semana antes si sabía que ibamos a ir".

A día de hoxe, Dalia está a piques de cumprir 2 anos, pero iso non é escusa para que non manteña "longas charlas" coa súa nai, por calquera motivo. "Ela fala unha chea e entende todo, a xente sempre alucina. É unha barbaridade, porque imos a calquera sitio e eu póñome a falar con ela como con calquera outra persoa, como un adulto", apunta a actriz ríndose."Sentámonos en calquera banco do parque a merendar, e falamos dunha chea de cousas como dúas adutltos, de verdade", explica María. "Teño moitas veces en que dígomes, como pode ser que con 21 meses fale con ela deste xeito? como é posible?", indica. Ademais, a súa nai indica que agora a pequena está "en modo esponxa" co vocabulario, repetindo todo o que escoita.

"Somos moi familiares e sempre estamos aí como unha piña. Vivir todas experiencias con a nena en compañia da familia e os avós está sendo incrible", relata a artista. Precisamente é esta faceta familiar que comenta María, un dos motivos que explica ese famoso devandito de "a terra tira máis que nada". "Apetécenos estar tranquilos, quedarnos por Galicia e gozar de todo o que nos pode ofrecer", indica.

"Poida que haxa xente que prefira pasar as vacacións facendo maletas, movéndose e esas cousas, pero ao meu gústame e quero gozar da miña terra. Odio as saturaciones, e nestes momentos do ano viaxar é horrible. Non me gusta nada", explica María. Curiosamente, a pequena tamén goza sendo "casera", na súa habitación. "Séntese máis cómoda neste ambiente", sinala Mera. Precisamente a actriz manifestou en varias ocasións o desexo que ten de que a súa filla séntase orgullosa das súas raíces. Na súa última publicación en Instagram, a galega comparte cos seus seguidores unha fotografía na súa aldea coa seguinte mensaxe:"Onte estivemos de paseo pola aldea onde eu me criei, a aldea da Torre, en San Xulián de Sales. De seguro que á miña pequena lle quedan moitos sitios por ver e países diferentes que coñecer....pero gustaríame que alá a onde vaia se sinta sempre orgullosa da súa terra, da súa xente e da súa lingua, e penso que para iso hai que sentir e coñecer ben de onde ves", explica María.

"Facer unha viaxe longa é unha aventura, pero non sempre é o ideal". Para eles é un pouco trastorno o sobe, baixa, maleta avión. Angústiome só con pensalo" admite entre risas a actriz. "Claro que me morro de ganas por ensinarlle o mundo á miña filla, pero creo que para viaxar hai tempo dabondo. Quero facer esas viaxes cando ela teña a capacidade de recordalos despois", destaca.

Próximos destinos

Malia querer aproveitar as riquezas da súa "terriña", María asegura que no futuro, cando Dalia creza, si que se plantean algunha viaxe de maior escala. "A verdade que me encantaría levala a unha chea se sitios. Penso en todos aqueles lugares que visitei co meu marido, e creo que sería moi bonito volver ir todos para recordalos", indica Mera.

Entre os destinos, figuran Londres, un sitio que será "unha visita obrigada". A actriz tamén comparte que lle gustaia visitar con Dalia as orixes do seu marido. "Posto que tamén son os dela, e son uns cantos: Palestina, Venezuela e Alemania" resalta María. "Tamén quero ir a Jordania, que é onde vive a bisavoa da miña filla", concluye a artista.

Compartir el artículo

stats