As artes plásticas semellan aínda un aparte no eido das industrias culturais. "Estamos aínda moi lonxe dunha auténtica normalización das artes plásticas como sector profesional equiparable a outros. Tanto dende o ámbito privado como público, seguimos sufrindo unha acusada arbitrariedade á hora da toma de decisións nos diferentes aspectos do sector, un sector que se segue percibindo como accesorio no entramado social, profesional e económico, o que provoca confusións lamentables á hora de decidir que estratexias implantar en cada momento", explica o director artístico da Fundación Laxeiro, Javier Pérez Buján.

Pola súa parte o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) quere servir todavía máis de nexo de unión para o traballo de investigación no campo da arte e, co liderazgo de Santiago Olmo, prepara novas vías de colaboración entre a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo no campus de Pontevedra e co Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Marco. "Os museos teñen que traballar en rede. É moi importante que as institucións dun mesmo territorio sexan todas fortes, transparentes, profexionais, éticas e que teñan a posibilidade de traballar no seu medio con total liberdade", asegura Olmo.

O director do CGAC tamén comenta o momento de incerteza que se vive no museo vigués tras o anuncio do seu director de que deixará o seu cargo a finais de ano e os interrogantes sobre a continuidade do espazo como museo de arte contemporánea: "Neste momento eu non estou moi preocupado, creo que a sensatez se impondrá e haberá un concurso público transparente e profesional para elixir a un novo director. O Marco é unha institución asentada fora de España. Coñecido, respetado e valorado; nestes anos achegou ofertas moi interesantes. Para o CGAC é moi importante que o Marco sexa un museo forte que poida complementar a nosa labor", afirma.