Tras unha década de duro traballo e sacrificio que se iniciou evitando a desaparición do club, o Celta consolidouse como un gran club de fútbol nunha das ligas máis competitivas do mundo. O Celta é hoxe unha realidade en Primeira División e unha proposta seria en Europa. Á vez, fortaleceuse o compromiso da institución coa Cidade, apostando pola Canteira na formación e o desenvolvemento das novas xeracións, e xerando, desde a Fundación Celta, proxectos integradores cos distintos colectivos sociais de Vigo.

Nesta contorna, Carlos Mouriño, presidente do Real Club Celta, analizará en su conferencia en Club FARO a situación do Real Club Celta e os proxectos de futuro necesarios para dotar á institución celeste de estabilidade e potenciar o seu arraigamento na cidade. Será unha charla-coloquio na que o presidente céltico responderá as dúbidas e inquietudes que se puideron xerar entre o Celtismo e os vigueses sobre o Proxecto Celta, a súa estabilidade coa Cidade e o seu desenvolvemento de futuro.