"Apetéceme probar co cine, é unha espiña que teño cravada"
A actriz ourensá descansa en Galicia despois da rodaxe de “Amar en tiempos revueltos”
Despois dos seus papeis en diferentes series de televisión e obras de teatro, a cara desta nova actriz, Sara Casasnovas (Ourense, 1984), rematou de facerse coñecida para o público grazas ó seu papel de protagonista na ficción de TVE "Amar en tiempos revueltos". Agora, rematou a rodaxe e deixa a serie ó final da tempada en emisión. Antes de volver a Madrid e pensar no futuro, pasa uns días de descanso na súa terra.
- Tiña ganas de voltar a Galicia despois de meses de rodaxe en Madrid?
- Si, tiña ganas de voltar á "terriña". Agora, xa con enerxías renovadas, e estes días, ademais, coa choiva de sempre (risas).
- E tras deixar a serie, como se presenta o seu verán?
- Marcharei de viaxe polo sur, e logo regresarei a Galicia, a Corcubión, onde estou coa miña familia, antes de voltar a Madrid para traballar en min mesma.
- En si mesma?
-Sí, foi un ano moi duro, cun ritmo de rodaxe moi alto, con seis capítulos da serie por semana e moitas horas de traballo cada día. Agora sinto que preciso primeiro dedicarme a min e facer cousas, para volver a traballar nalgún proxecto.
- Que significou interpretar o papel de Isabel, a protagonista de "Amar en tiempos revueltos"?
-Moito sacrificio, moito esforzo pero tamén moita satisfacción, por tratarse dunha ficción de calidade, con aspectos de ambientación moi coidados, e ademais, trátase dun bo escaparate a nivel nacional.
- A terceira tempada da serie e, en especial a súa personaxe, inspiraron: "Si tú me dices ven, lo dejo todo", o último libro de Alfonso Puerta, pero que hai de Alicia, na Sara da vida real?
- Comparto con ela parte da miña visión da vida. Eu creo que a interpretación é terapeútica, e durante todo o proceso aprendín moito coa personaxe.
- Despois de probar, incluso simultanear televisión e teatro, con que se queda?
- Ante todo cun bo personaxe. O medio é importante, prefiro o teatro e o cine antes que a televisión. Pero, primeiro, un bo personaxe.
- O próximo, o cine?
-Si, por aí pasan quizais as miñas expectativas. Gustaríame facer cine. Xa participei nalgunhas curtametraxes, pero non en películas, pódese dicir que é unha espiña que teño cravada.
- E xa ten algún proxecto a curto prazo?
- Non, de momento non. O meu proxecto é vivir, e esperar que aparezan proxectos interesantes nos que volcarme.
- Entre as series das que formou parte estes anos está "Maridos e mulleres", que agora a TVG volve a emitir nas noites dos martes. Houbo moita evolución persoal neste tempo?
-Si, moita evolución interpretativa, ademais sempre hai un plus de min nas personaxes que interpreto, e as súas cousas trasládanse a miña vida.
-Gustaríalle volver a traballar en Galicia?
-Por suposto, as portas abertas, sempre que sexa un proxecto atractivo, que me guste.Galicia... calidade de vida.
Más en Sociedad
-
Sorteo de El Gordo de la Primitiva del domingo 28 de abril de 2024
-
Sorteo Bonoloto del domingo 28 de abril de 2024
-
Más de dos millones de mujeres sufren violencia económica: una forma de maltrato invisible y no incluido en la ley
-
Víctimas de violencia machista económica: “No me dejaba trabajar y controlaba todos los tíquets”