A Asociación de Escritores en Lingua Galega vén de remitir a Suecia a candidatura dos escritores Luz Pozo Garza e Xosé Luis Méndez Ferrín para que opten ao Premio Noble de Literatura 2007. Trátase da primeira vez que concurre unha autora galega; mentres que no caso de Ferrín esta é o terceiro intento.

O presidente da Asociación de Escritores, Cesáreo Sánchez, explicou que "tomouse a decisión pola calidade e os méritos que emanan da propia obra" de ámbolos dous creadores. O vindeiro mes de novembro, coñecerase a resolución.

Por outra banda, a organización galega homenaxea hoxe en A Coruña a Isaac Díaz Pardo que tamén será nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade da mesma cidade.

Proseguindo coas homenaxes, a asociación entregará este ano o premio internacional ao escritor angolano Pepetela ademais de rendir honores ao galego Manuel Lorenzo. Por último, o encontro Galeuzka de escritores galaicos, cataláns e vascos terán lugar na comunidade en novembro.