Sempre que se fala do Castromil en Compostela, adoita referirse a un fermoso edificio demolido en 1975. A empresa de autobuses xa case é esquecida por todos, mais o edificio non. Algunha responsabilidade teñen as fotos que hai en moitos bares e fogares en Santiago, os artigos que saen nos xornais ou as imaxes que se difunden nos medios dixitais. De Quiqui Bar...a Castromil tenta ser unha crónica do que rodea a Quiqui Bar ou edificio Castromil, dous nomes para un mesmo edificio, dúas etapas diferentes que se comportaron de maneira distinta en circunstancias adversas.