Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Alfredo Conde: "Non sei se é a miña mellor novela, pero é a máis difícil"

O escritor presenta "Homes de Ferro", na que novela unha historia real: a viaxe de catro irlandeses nun bote dende Dublín a Galicia

Alfredo Conde, que presentou onte en Pontevedra a súa nova novela, "Homes de Ferro". // Rafa Vázquez

A aventura de catro amigos irlandeses a bordo do Naomh Gobnait, un bote reconstruído a iniciativa de Buxa, a Asociación Galega do Patrimonio Industrial, e do programa O teu Xacobeo, é o eixo da novela "Homes de Ferro" que Alfredo Conde presentou onte na Libraría Cronopios de Pontevedra.

- Como é a historia de "Homes de Ferro"?

-Son catro arroutados irlandeses, sexaxenarios (que non é unha coña) construiron unha lancha con vimbios e recuberta con pel de vaca, que se facía fai 2.000 ou 3.000 anos. E botaronse ao mar en Dublín, enfrente da fábrica de Guinnes e da igrexa de Santiago Apóstolo, e viñeron remando desde Dublín ata a Coruña, que son uns 2.600 kilómetros. Propuxeronme escribir este relato para despois ver de facer, co relato, un guión e logo unha película, pero saiume unha novela en vez dun relatiño ( sorrí).

- Un ten que estar un pouco tolo para facer eso?

-Para facer a novela ou para facer a viaxe?

- As duas cousas

-( risas) Pois si, algo tense que estar, si, porque non sei se esta será a miña mellor novela pero desde logo é a máis difícil das que escribín, e xa levo unha vinte.

- Por que foi tan dificultosa?

-Porque mentras remas non falas; e vir remando desde Dublín ata aquí ( sorrí) nun barquiño de 7 metros de eslora imaxine, moito máis febre que unha gamela, cun francobordo pequenísimo, que podías remar ata cos cóbados porque tocabas a auga con eles. E a recuerta da lancha non foi de coiro como se facía fai 3.000 anos porque agora os coiros están moi tratados químicamente e non resisten ben a auga do mar, senón cunha lona embreada. E eso era o que separaba a estes homes da auga, e vir remando sin falar (porque non falas) e ao parar nas praias para dormir estarías tan farto dos demais que si poñías a tenda de campaña a 10 metros dos demais non a poñías a 5, entón de que carallo falas mentras relatas unha aventura destas características se eles non falan?

- Devólvolle a pregunta. De que fala logo na novela?

-Pois de mil cousas ( risas) para eso tes que ler a novela; eu xa tiven bastante con escribila.

- O Naomh Gobnait, un currach irlandés, é xa un emblema do Camino por mar?

-Eles fixeron a viaxe en honor ao Camino de Santiago, a disculpa era facer o Camino e recuperar a ancestral ligazón existente entre Irlanda e Galicia, os lazos culturais que nos unen aos dous países. E, claro, era outra dificultade engadida, e eu preferín abundar máis nas relacións entre Galicia e Irlanda que na catolicidade dos integrantes da tripulación, que eran catro. Entre eles estaba un autor que ten un Oscar de Hollywood á mellor canción e que compuxo unha que a min se me antolla preciosa na que grabou o compás dos remos na auga e sobre ese compás compuso unha canción moi bonita que imaxino que acabará soando moito.

- Coñece aos protagonistas da súa novela?

-Vinos, pero eu antes aínda chapurreaba algún idioma, pero desde que son xordo ( sorrí) menos. Cando viñeron fai uns meses a reconstruir o barquiño, o currach, porque naufragaron (foi cando morreu o que fora o gran argallante da aventura), eu non me atrevín a falar con eles, porque en galego e en castelán cando me falan a veces entendo verdadeiras barbaridades ( risas) se é que entendo algo, así que non me atrevín a falar con eles, que non falaban outras cousas máis que inglés.

- Que destaca especialmente da súa novela máis difícil?

-Que destacaría? Que conseguín evitar os perigos que crin que debía evitar, que eran facer unha guía turística, facer unha peregrinación relixiosa, unha relación de clubes náuticos ( risas) desde Irlanda a Galicia, evitei eses temas e creo que lle din vida á que eu imaxinei que sería a forma de ser e o pensamento destes catro esforzados mariños, que non eran calqueira, porque o que non é un cantante folk é un poeta, o que non é poeta é escritor, e todos eles son homes do mar. Conseguín facer unha novela de homes de mar.

Compartir el artículo

stats