Os nomes das rúas, e dentro deste tema como se conformaron, a toponimia urbana como recurso didáctico ou como salvagardar a toponimia tradicional. Son algúns dos temas a debate na Xornada de Onomástica Galega, un encontro organizado pola Real Academia Galega e que por cuarto ano convertirá a Pontevedra en epicentro desta rama do saber que estuda os nomes propios.

O encontro celebrarse o vindeiro día 19 no Museo de Pontevedra, un ano máis anfitrión da xornada, e contará con catorce especialistas para afondar en distintos componentes sociais, históricos e políticos que están tras dos nomes das rúas nas vilas e ciudades, alguns deles con 1.000 anos de antigüidade, como lembrou a coorganizadora, a académica Luz Méndez.

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o director do Museo, José Manuel Rey, participaron con Luz Méndez na presentación, na mañá deste mércores, da xornada, na que tamén se deu a coñecer o libro das actas da edición anterior, adicada aos alcumes.

A Xornada de Onomástica 2019 incluirá catro sesións con conferencias nas que se tratarán temas como "A conformación dos nomes das rúas na Idade Media" (analisaranse os casos de Santiago e Baiona por parte de Gonzalo Hermo, da Universitat de Barcelona, e Gonzalo Navaza, da UVigo), "Apropiación do espazo público e memoricidio: do golpe de 1936 ás políticas públicas da memoria", un tema do que falará Antonio Míguez Macho, da Universidade de Santiago ou "A salvagarda da toponimia tradicional fronte á hodonimia conmemorativa", na que se tratarán os casos de Pontevedra, Vigo, A Coruña e Lalín (a cargo dos técnicos dos servizos públicos de Normalización Conchi Cochón, Marta Souto, Iván Méndez e Marta Negro Romero).

As transformacións sociais, destacou Luz Méndez, levan a que o urbanismo sexa crecente nas ciudades e se teña que nomear novos espazos. Falarase de como facelo e de como se debería salvagardar a toponimia do rural, das terras e cultivos, para os nomes da nosas vías, estradas e rúas.

Tamén se tratará o tema da toponimia conmemorativa (é decir, como se impoñen algún nomes e por que) e "o constante cambio nos rueiros das ciudades, co tema da memoria histórica moi vivo", destacou a organizadora.

Víctor F. Freixanes, pola súa banda, lembrou o intenso traballo do Seminario de Lexicografía da Academia, que agarda presentar en poucas semanas (a previsión máis optimista é facelo antes de final de ano) o gran Mapa da Toponimia de Galicia.

Trátase dun proxecto para que calquera a partir de Google maps poda sinalar rúas, parcelas, montes etc e dispor dos topónimos destes espazos. Supón, sinalou o presidente da RAG, "un traballo xigantesco e os políticos non sempre saben ver a súa utilidade, por exemplo en caso de incendios ou para localizar nunha urxencia sanitaria".

O Mapa da Topinima sumarase a outro proxecto aínda máis avanzado, o Diccionario dos Nomes Galegos, que "nun mes podería estar accesible", sinalan os académicos.

Éstes felicitanse polo traballo na RAG de divulgación da nosa lingua. O seu diccionario recibe 63.000 consultas diarias e fanse 75.000 descargas de contidos a móbiles.