Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Iván Losada: "A xente agradece que tentemos dinamizar o casco vello"

A Asociación O Quilombo cumpre un ano de actividade e seis meses de traballo dende o seu centro cultural no centro histórico

Iván Losada. // FdV

A Asociación o Quilombo cumpre un ano de traballo no que ten posto en marcha conferencias, cursos, obradoiros e actuacións. A súa é unha iniciativa que aposta pola autoxestión, a liberdade, a xustiza e a igualdade colectiva e individual para todos os que queiran achegarse ata as súas actividades.

- Que é O Quilombo?

-Estamos constituidos como unha asociación cultural. Fai un ano xuntámonos un grupiño de xente con ideas de esquerdas na cidade de Pontevedra e con ganas de facer algo á marxe do Concello, autoxestionarnos nos un espazo, autoorganizármonos para poder levar a cabo actividades que viamos que dende o Concello non saían ou non chegaban a ser, dentro da xente nova, da mocidade, as preferidas. Así que fai un ano fixemos a asociación cultural e dende aquela constitución tentamos traballar para ter un local propio na cidade.

- Non podían atopar sede máis céntrica?

-A comezos deste ano atopamos un local na zona vella e abrimos o centro social para ter ese espazo propio para facer as nosas actividades, organizar charlas e a verdade é que despois de moito buscar tiñamos como unha das prioridades atopar algo bastante céntrico, e se podía ser na zona vella mellor. Un pouco de búsqueda axudounos a atopar algo así bastante bo, pequeno pero está ben. Notamos que os baixos comerciais están moi enfocados a temas de tendas para turismo, con prezos desorbidados, por un local céntrico xa tes que pagar moitísimo máis e tivemos que facer unhas poucas obras de adaptación pero é verdade que á xente gústalle moito que esté incrustado na zona vella.

- Afirma que tamén tentan dinamizar o casco vello

-Tamén, o feito de estar así na zona vella é tamén para popoñer actividades e tentar dinamizar o que é a zona vella. Esta rúa ( O Quilombo está ubicado na rúa Princesa) está un pouco separada das principais e os bares que hai así ao noso carón tamén agradecen de facer actividades conxuntas, algún concertiño na rúa, algunha foliada que tamén facemos nos principios de cada mes e, si, si que agradece moito a xente que estemos na rúa e que tenemos dinamizar o casco vello.

- O centro sociocultural cumpre medio ano de actividade. Que balance fan?

-Pois a verdade é que bastante bo, xuntamos a bastante xente na asociación e tivemos algunhas actividades, algúns actos con moi boa participación, xente animada e participando.

- Que actividades fan nestas datas?

-Agora no verán adicamonos a facer actividades que aproveitan o bo tempo, por exemplo facemos saídas en kayak, saídas de mergullo, temos tamén un curso de apicultura e en xeral actividades ligadas co medio natural, que é un dos principais obxectivos da organización, dar a coñecer e defender o noso medio natural. E agora tamén estamos caminando para a Feira Franca, que é tamén unha das grandes datas da cidade.

- Que proxectan para o curso?

-Temos preparada unha charla e actividades varias que iremos programando ao longo do ano como palestras, proxeccións dalgún filme, as foliadas de cada mes, roteiros etc.

- Que obxectivos se plantexa O Quilombo?

-Os que temos aprobados son a defensa do medio natural e temos contactos con asociacións de Pontevedra e comarcais para facer actividades conxuntas. Tamén temos como obxectivo a defensa do idioma, da nosa cultura, fixemos algunha presentación, celebramos o Día das Letras e sempre todo o que facemos é en galego, promocionando a cultura e o idioma. E despois, dentro das grandes diferenzas que temos entre nós, somos de esquerda anticapitalista.

- Por qué ese nome?

-O nome do quilombo fai referencia a aqueles refuxios dos escravos fuxidos, onde se autoorganizaban para liberar a novos escravos e poder vivir nun mundo mellor. Por aí é por onde queremos camiñar, buscar unha solución a moitos problemas cotiás que podemos ter nas nosas vidas, así a pequeno, localmente poder darlle unha solución; ter un sitio onde poder xestionar as nosas inquedanzas, poder aprender e construir algo aos poucos.

Compartir el artículo

stats