O alumnado do CEIP de Pontesampaio celebrou a Semana Cultural na escola con teatro, contos ou relatorios pensados para os nenos. Este programa celébrase todos os anos no centro co gallo das Letras Galegas e "nela incluímos actividades relacionadas coa autor homenaxeado e coa lingua e a cultura galega en xeral", indican os organizadores. Anxo Moure protagonizou un contacontos adicado as árbores do camiño e a importancia de conservar a nosa biodiversidade e o noso patrimonio material e inmaterial. Celestino Lores (presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués) tamén visitou aos nenos para falarlles sobre o camiño de Santiago (proxecto anual do centro educativo) e a riqueza cultural e etnolóxica da que se fornece Galicia con el. Tamén houbo teatro e o visionado dun documental sobre Antón Fraguas, actividades nas que colaboraron o IES de Cotobade e o CEIP de Tenorio e o CEIP de Carballedo.