16 de abril de 2019
16.04.2019

A asociación Queremos Galego Marín critica a contaminación luminosa

Pídelle ao goberno local que non acenda pola noite os focos das praias como a de Portocelo

16.04.2019 | 01:57
Turismo de Galicia.

A asociación Queremos Galego Marín presentou no Concello unha moción relativa á contaminación luminosa para o seu tratamento no pleno da corporación.Esta moción tiña dous obxectivos, por un lado dar a coñecer un problema do que a maioría da veciñanza non ten conciencia dándolle continuidade así a unhas xornadas das asociación sobre este tema en xuño do 2018. Por outra banda, buscan que desde o Concello se tomen medidas para paliar os efectos da contaminación nas persoas, na fauna e no ceo nocturno.

Despois de deixala enriba da mesa no pleno do mes de marzo na procura dun consenso a moción tratouse na sesión plenaria deste mes de abril. Mais o que se aprobou non foi a proposta realizada pola Asociación Queremos Galego Marín.

Recorda o colectivo que "as investigacións realizadas nos últimos anos revelan que a iluminación artificial en horas nocturnas ten efectos disruptivos directos sobre os organismos, poboacións, ecosistemas e afectan aspectos como o metabolismo, a reprodución, a alimentación, equilibrios predador presa, orientación e migracións". Tamén din que "nos humanos unha variación na iluminación ambiental natural pode producir alteracións nos patróns da liberación de determinadas hormonas (melatonina, cortisol, prolactina e as hormonas do crecemento) e con iso desequilibrios orgánicos a distintos niveis".

Por último, tendo en conta o aprobado na moción reclaman que non acenda pola noite os grandes focos de luz que iluminan directamente as praias.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia