Ducias de menos, país, mestres, abós e algún que outro padriño deronse cita na mañá deste sábado na divertida inauguración do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Celebrase no Pazo, a sede principal, así como noutros emplazamentos coma a Biblioteca Pública ou o Museo, ata o vindeiro 12 de abril e adica esta especial edición na que cumpre 20 anos á lusofonía.

Ilustradores e autores de distintos países da lusofonía asistiron á posta en marcha do evento, que leva por título A Revolución. Para principar unha edición tan especial, o Salón contou con alumnos do Conservatorio Manuel Quiroga, do IES A Xuqneuira I, con Nee Barros, Pavís Pavos e Raquel Queizas, que dirixidos por Marcelo DoBode deron vida ó espectáculo Paseniño, paseniño.

Éste xuntou performance, contos e, sobre todo, música, con ferencias a Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e autor homenaxeado neste 2019 no Salón.

García Teijeiro tomou a palabra para agaradecer a homenaxe por parte do Salón e lembrou que a literatura para nenos e mozos, e máis concretamente a poesía, "ten poder transformador nos nenos cando alguén lla achega. A poesía é revolución e grazas a ela son o que son", apuntou.

Seguiron ó acto oficial de inauguración as primeiras visitas ás 8 exposicións que se amosan no Pazo, entre elas os traballos dos 60 centros galegos que realizaron maquetas, libros, pinturas, ilustracións, vídeos, instalacións, podcast etc, todos eles inspirados na revolución.

Pola súa banda, no Recinto Feiral hay tamén propostas orixinais como Clube Meditérraneo, baseada na obra do mesmo título, unha revolucionaria instalación que trata sobre o drama dos refuxiados que arriscan a vida no mar para fuxir da guerra e da fame.