Este domingo 24 ás 12.00 horas terá lugar na Praza da Veiguiña a seguinte parada da Axenda Cultural organizada polo BNG de Marín. Nesta ocasión preparan un recital poético dedicado á mellor escritora galega de todos os tempos, Rosalía de Castro. Contarán coa presenza de Daniel Chapela, colaborador cultural da Axenda de Meiro (Bueu) e achegaranse tamén nenos e nenas que colaborarán recitando poemas de Rosalía. "No BNG reivindicamos a nosa cultura e ás nosas grandes figuras; e iso facemos a cotío".