O Concello de Poio e a SCD Raxó, xunto con Consello Municipal de Cultura convocan o XXVII Concurso Literario Xaime Illa Couto. O certame forma xa parte da tradición cultural do municipio no que se promove a creación literaria en lingua galega a partir de nenos de 6 anos. Xa está aberto o prazo para a presentación dos traballos que serán individuais e inéditos, de temática libre e escritos en ligua galega nas categorías de poesía e relato curto ou conto. A presentación destes traballos poderase formalizar no Rexistro Municipal do Concello, en calquera dos centros educativos municipais ou nos locais das asociacións colaboradoras e membros do Consello Municipal da Cultura ata o 20 de marzo ás 14 horas. Os premios serán de 90 a 300 euros, dependendo da categoría, e entregaranse no transcurso do acto do Día das Letras Galegas no Xaime Illa de Raxó.