O Culturgal finalizará hoxe pero antes hai toda unha axenda de actos e iniciativas, como a das 11.15 horas coa presentación do festival internacional de maxia infantil. Posteriormente, terá lugar una mesa redonda sobre "A conveniencia das coleccións de literatura infantil con perspectiva de xénero". A mediodía haberá un concerto de Oviravai.

Entre as moitas actividades que se celebran sinalar xa pola tarde, haberá presentación de libros, contacontos, e as 18 horas a presentación do concerto eo libro-cd infantil A Casa do Terror, a cargo de Xoán Curiel e a Banda do Verán. Haberá un homenaxe ao pintor pontevedrés Manuel Moldes, falecido fai un ano.