O stand de César Freiría chama a atención de cativos e adultos. Nela amosa xoguetes tradicionais feitos en madeira e algúns dos que proón para os patios das escolar que deseña. Faino a través da Cooperativa Miudiño, que "nace do mundo da ilusión e dos soños, alimentada de tres grandes paixóns: a infancia, a natureza e o patrimonio cultural, que combinados entre sí van dando vida a todo o que facemos: música, contos, obradoiros, xoguetes, patios e espazos de xogo".

Unha das cousas que chama a atención dos cativos son os xoguetes cos que César Freiría quixera rematar con eses "paseos carcelarios" que dan os rapaces nos recreos cando non gustan de xogar ao fútbol.

Un tubófono, que se toca con dúas especies de raquetas, sirve de reclamo para curiosear no seus stand.

"Eu aposto por patios que favorezan a socialización, a aprendizaxe e o xogo libre, patios que benefician a toda a comunidade educativa", explica.

Por si estes proxectos foran poucos, César Freiría desenvolve tamén un musical con "Cé orquestra pantasma", dende o verán de 2008. Con ela leva percorrendo o mais variado panorama festeiro galego e portugués.

Presenta espectáculos pensados para diferentes idades, pero sobre todo para os máis pequenos. Os instrumentos musicais, e sobre todo os tradicionais, son o eixo sobre o que xira o seu traballo.

"Facemos un espectáculo dividido en dúas partes: unha primeira de música para xogar, cantar e bailar e unha segunda de exploración instrumental con axóuxeres e obxectos sonoros feitos a partir de materiais naturais". Esa é a filosofía que marca a súa traxectoria, para todo busca materia prima natural, noble e autóctona, porque Galicia o permite.