Roteiros polas rúas e prazas da cidade, exposicións, obradoiros de toques de legñon e baile do ramo, actuacións musicais e serán, artesáns e moito máis! Pontevedra celebrará mañán a VII Aña Urbana, guiada pola Asociación Cultural Trepia e co soporte do Concello de Pontevedra. A praza do Concello será o escenario central da festa.

As propostas da Aña Urbana son as seguintes: Presentación "Mulleres de Gargamala"; arredor da tradición apresentarán-nos o seu último traballo de compilación, investigación e divulgación arredor das nosas músicas de tradición oral. Será ás 17.30 horas na carpa da Aña Urbana.

Durante todo o dia haberá oportunidade para observar de perto o traballo artesanal e aprender un chisco máis do noso patrimonio inmaterial. Tamén haberá obradoiros abertos, como os das 18.30 horas, de iniciación ao baile tradicional e aos toques do leghón na carpa.

Levaranse a cabo actuacións musicais e de baile tradicional na própia carpa e pola mañá nas rúas e prazas do centro histórico. A partires das 19.30 horas, actuacións dos grupos convidados e dos grupos da A.C. Trépia. Como peche da edición, convoca-se unha vez máis o Serán da Aña Urbana.

Durante todo o dia as asociacións e grupos convidados sairán ás rúas de Pontevedra para amosar os seus traballos de recuperación dos cantares, bailes e outros ritos relacionados co ciclo das labradas e a propia aña, así como algunha que outra proposta de reinvención e actualización.

O roteiro comezará ás 12.00 horas seguindo o seguinte itinerário: Peregrina, Ferraría, Curros Enríquez, Praza de Abastos, Leña e Concello.