25 de febrero de 2017
25.02.2017

Rosalía de Castro, entre outras

Marín acolleu varios actos que culminaron cun concerto do grupo "Xardín Desordenado" con cancións sobre textos de varias poetas

25.02.2017 | 02:55
Un momento da ofrenda floral ante o monumento a Rosalía de Castro en Marín. // S.A.

O Concello de Marín, co gallo do día de Rosalía de Castro e o aniversario do seu 180 nacemento promoveu una serie de actividades e eventos que culminaron onte. Dende a Biblioteca Pública Vidal Pazos rendiuse homenaxe a Rosalía cunha exposición de todas as súas obras. Tamén se lle enviou a todos os colexios de Marín una selección de poemas.

Marín celebrou o día de Rosalía de Castro e o aniversario do seu 180 nacemento con varias iniciativas, que culminaron onte cun concerto no que se cantaron algúns dos seus poemas. Na alameda celebrouse ademais unha ofrenda floral á maior autora galega.

"Rosalia entre outras" foi o título dun concerto no que "Xardín Desordenado" interpretou cancións compostas sobre textos de Rosalía, e tamén incluíu textos de outras seis poetas galegas de diferentes xeracións, coma Olga Novo, Yolanda Castaño, Lucía Aldao, Luisa Castro, Carmen Kruckenberg e Cristal Méndez Queizán.

O acto constituíu un xeito de integrar a poesía de Rosalía entre outras poetas actuais, para tentar achegala á xente nova. Asemade amósanse as diferencias sociais entre a Galicia de Rosalía e a actual, e tamén temas intemporais como o amor ou a dor.

O repertorio de "Rosalía entre outras" estivo integrado por Aprendendo a ladrar (Olga Novo), A viúva (Rosalía de Castro), Tanto de Tanto (Carmen Kruckenberg), Ansias de Xacinto (Rosalía de Castro), Rapaza buena (Luisa Castro, " Baleas e Baleas"), Eu cantar cantarei (Rosalía de Castro), On the road (Cristal Méndez Queizán), Nana (Rosalía de Castro), O torrente Feminino (Marta Dacosta), e Rosa (Rosalía de Castro).

O grupo Xardín Desordenado está integrado por músicos que son ademáis estudosos da lírica galega e en particular da obra de Rosalía. Cos seus poemas musicados percorren toda Galicia pero tamén saltaron ao outro lado do Atlántico.

Esta celebración que organizou o Concello de Marín contou tamén cunha homenaxe a Rosalía na forma dunha semblanza da autora e unha exposición de todas as súas obras na Biblioteca Pública Vidal Pazos. Tamén se enviou a todos os colexios de Marín una selección de poemas de Rosalía.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .