Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pontevedra ten escea musical

O concurso FEST visibilizará o 19 de marzo ós grupos noveis

Unha imaxe da pasada edición do concurso FEST no Principal. // Rafa Vázquez

O Local de Música, vencellado á Concellería de Xuventude, organiza o concurso FEST para promover a escena musical emerxente. Busca poñer en valor a creación musical de base organizando un evento nun espazo tan destacado como é o Teatro Principal.

O certame busca presentar ó público unha mostra da escena musical independente, ofrecer aos grupos noveis oportunidades para darse a coñecer a súa carreira nun espacio emblemático e que consigan "un material audiovisual especial e relevante que apoie á súa estratexia promocional".

O concurso consiste nun concerto que se celebrará o 19 de marzo de 2016 no céntrico teatro. Oito grupos seleccionados previamente por un xurado cualificado e representativo, "farán unha actuación breve para mostrar o seu espectáculo. Un xurado concederá un dos premios que consiste na gravación dun videoclip cunha produtora audiovisual. O público asistente votará e concederá outro premio, que consistirá nunha actuación remunerada na cidade", engade a mesma fonte.

O festival pecharase cunha actuación dun grupo convidado.

De 16 a 35 anos

Poderán participar todas aquelas bandas ou solistas con compoñentes con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos que non teñan, no momento da inscrición, ningunha publicación cun selo discográfico.

A inscrición será totalmente gratuita, lembrou a organización, e farase únicamente desde un formulario online no web do Local de Música (http://localdemusicapontevedra.nos.gl).

As datas para a recollida de inscricións será entre o 1 de febreiro ao 29 de febreiro de 2016 ás 22 horas.

Compartir el artículo

stats