18 de mayo de 2013
18.05.2013
XESÚS PORTAS - Vocal da directiva da Asociación Sociocultural do Burgo

"A choiva xogounos unha mala pasada, tivemos que volver a pintar casi todo"

Vinte residentes no Burgo traballaron horas para realizar o tapiz floral

18.05.2013 | 00:00
Xesús Portas. // Rafa Vázquez


Xesús Portas é vocal da directiva da Asociación Sociocultural do Burgo, un colectivo que cada ano xunta ós veciños para confeccionar o alfombrado do Día das Letras.

-Cantos veciños participan na elaboración da alfombra?

-Somos unhas 15 persoas na praza e algúns socios, uns poucos máis, son persoas xa máis vellas que non poden vir aquí e que coaboran na recollida e outros traballos, son uns seis ou sete a maiores.

-Cómo lles afectou a chuvia?

-A choiva xogounas unha mala pasada, tanto que tivemos que volver a pintar casi todo o que tiñamos feito. Pola mañá choveu moi forte e borrounos as liñas dos debuxos. Empezasos ás nove e media de mañá e cando chegou a choiva unha parte estaba xa cuberta e si se puido aproveitar, pero o demáis, que é casi todo o dibuxo, tivemos que refacelo de novo pola choiva, todo menos o marco xeral que estaba xa perfilado con cunchas.

-O mal tempo podería destruir todo o alfombrado?

-Non, en canto está feito e se non chove moito a choiva non se leva os materiais, aínda que sempre pode movelos e deslucir a alfombra claro.

-Como se fai cada ano o deseño?

-O deseño faise aquí na propia praza salvo a caricatura de Roberto Vidal Bolaño, que xa a traemos nun plásticos, marcados os trazos máis fortes.

-Tamén é un veciño do Burgo a persoa encargada de facer a caricatura?

-Si, é a mesma persoa que dirixe sobre a praza a elaboración do alfombrado e é o vicepresidente da Asociación Sociocultural do Burgo, José Seco. Él fixo o deseño inspirándose noutras caricaturas xa publicadas de Vidal Bolaño e logo pasouse a un plástico recortado e de ahí aquí á praza para reproducila.es la misma persona que dirige sobre la plaza la realización del alfombrado y es vicepresidente de la asociación, José Seco.

-Qué materiais empregan na elaboración?

-Sementes secas, carozo moído e flores frescas, e para o verde usamos tuia. Ademáis está o marco xeral de cunchas.

-Cantos kilos de material empregan?

-Non sabería o número de kilos pero si que los levamos en caixas de froita e cada ano traemos unhas vinte, eso son moitos kilos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine