Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Mercedes Giráldez Santos: "O BNG facilitará un goberno de esquerdas; pero o posible acordo verémolo despois do 26"

"O concurso eléctrico quedou paralizado polas revisións e contrainformes de Facenda"

Mercedes Giráldez, onte, en Cangas. // Gonzalo Núñez

Nai e avoa con so 54 anos, Mercedes Giráldez volve a presentarse por segunda vez consecutiva como candidata do BNG á Alcaldía de Cangas, despois de catro anos como concelleira de Obras e Servizos no goberno de coalición de esquerdas con ACE e ASpUN, cun traballo que dí foi "valorado". Manifesta que o BNG sempre apoiará un novo goberno de esquerdas, pero deixa no aire as dudas sobre se serán acordos para formar goberno ou só para respaldar unha investidura.

-Teme que o BNG non rentabilice todo o traballo feito nestes catro anos ó frente dunha concellalía como é Obras?

-O BNG ten demostrado capacidade e vontade. Neste mandato existiu un antes e un despois da concellaría máis complicada, Obras e Servizos, o inxente traballo cos erros que poidemos cometer, é recoñecido e valorado, só hai que lembrar as nefastas xestións políticas anteriores que con empeño e dedicación constante estamos correxindo. A valoración é positiva e así me transmiten sabendo de onde partiamos e todo o feito que é moitísimo.

-A súa mellor obra.

-Non existe unha mellor que outra, todas son importantes pois corrixen moitos pequenos problemas que existían dende fai anos e queda moito por facer. Pero se teño que falar dalgunha quedaríame coas humanizacións e reparacións que incluen a renovación de servizos, saneamentos, abastecementos e separativos de pluviais pois eliminan moitos problemas, obras que non se ven nin "venden" pero imprescindibles e coas eliminacións de barreiras arquitectónicas en colaboración coa concelleira de mobilidade para persoas con mobilidade reducida.

-O seu proxecto máis relevante que promete para estas eleccións

-O BNG leva moito tempo traballando no Plan de Mobilidade Sostible que está para licitación e conseguir un transporte urbano propio que una ás parroquias e o centro e dar solución aos graves problemas de mobilidade, a pesar de que as competencias sexan da Xunta e que poucos creeron neste plan, agora se suman todos e alegrámonos. E seguimos apostando pola participación veciñal, os consellos parroquiais e os orzamentos participativos, algo que estaba asinado no pacto e non se cumpliu, non tiñamos esa responsabilidade e agardamos que non volva quedar en papel mollado.

-No caso de que non entre Avante! na corporación, según as enquisas, ¿ gobernaría en coalición con este PSOE?

-Xa temos declarado en varias ocasións, que o BNG facilitará sempre un goberno de esquerdas; os posibles acordos para formar goberno ou só respaldar unha investidura sen entrar verémolo despois do 26.

-Causa estrañeza o empeño que que o seu departamento puxo en sacar adiante a privatización da xestión do alumeado público, que segue parado. Era tan urxente, por que non saíu adiante?

-Aclaremos, iso non é certo, non foi o departamento de Obras quen quería sacar adiante o concurso eléctrico, algo que saben perfectamente os técnicos, é máis, foi motivo de moita controversia e discusión no equipo de goberno pois o BNG e a concelleira delegada queríamos ir actuando por zonas coa xestión propia do departamento, e así fixemos co primeiro proxecto que se executou de cen puntos de iluminación led en Castelao e Montero Rios. O concurso foi un empeño do responsable de Facenda a cargo de Mariano Abalo e da propia Alcaldía cuns pregos que realizou unha empresa contratada por Facenda. En aras da convivencia entre as tres forzas, aceptamos seguir adiante estudando e presentando eu esa actuación ao ser un servizo que entra nas competencias da área que levo. Despois da licitación como saben, houbo reclamacións de empresas, algo habitual neste tipo de concursos, e traballouse nuns novos pregos pero ante as revisións e contrainformes por parte de Facenda quedou paralizado. É un tema que deberá falar a nova corporación, hai outras fórmulas e na actual situación económica podemos aplicalas mantendo o servizo público como prestamos do Igape ou axudas doutras administracións, nos presentaremos propostas neste sentido.

-De que xestión se arrepinte?

-Unha persoa non debe arrepentirse do feito, debe aprender e correxir. Eu estou constantemente aprendendo, todos cometemos erros, só erra quen fai, o importante é aprender e mellorar.

-O goberno tripartito foi bastante estable, aínda se viviron momentos de tensión que non deixaron en bon lugar á esquerda (caso de plenos?)

-A estabilidade é importante. Nun goberno con distintas forzas o diálogo é básico. O BNG puso todo o empeño e vontade, todos debemos ceder, as tensións son inevitables ante os distintos puntos de vista pero con diálogo e sobre todo respecto a convivencia é posible, a veciñanza e a política do ben común debe estar por encima.

-Considera que se debería dar unha volta ó reparto de inversións da Diputación?

-As diputacións son administracións obsoletas, insistimos que deberían desaparecer e ser os propios concellos quenes xestionen os fondos que lles corresponden segundo criterios equitativos, mentres iso non sucede hai que volver darlle unha volta o reparto establecido para que un concello como Cangas que soporta servizos que non lle corresponden e cunha poboación que se duplica en épocas estivais poida soportar esas cargas.

Compartir el artículo

stats