Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pura Tejelo Núñez: "Mesmo a xente nova fai poesía co whatsapp"

Pura Tejelo. // FDV

"O millor disto é o feito de que o xurado entendese o que un quere comunicar". Con esta frase valoraba a coruñesa Pura Tejelo o Premio Johán Carballeira de Poesía gañado onte. Mestra de profesión e poeta vocacional, ós seus 60 anos admite "ter topado o tempo para adicarme máis por completo a esta afición miña", en referencia a la poesía.

- ¿Qué supón gañar este premio?

- Agradezo moitísimo que xente da calidade da que estaba no xurado entendese o que quería comunicar, toda esa vida cotiá. O paso do mundo rural no século XX a un mundo de asfalto cunha diversidade de comportamentos. Se introducen xentes marxinais, agresións, etcétera.

- ¿É esa pois a esencia de "A elegancia do século"?

- Sí, a medida é a dos avances positivos que os humanos sabemos dar. Hai claves migratorias, pero tamén de superación, vivencias positivas e a cara amarga.

- O xurado fala dunha obra de variedad temática pero cunha cohesión interna.

- Existe porque comezo falando da mañá nunha cidade e se pecha cun poema de añoranza dese mundo perdido, máis natural. Son moitos temas, como a violencia de xénero, a Terceira Idade... Fálase de todo porque as cidades son esas xaulas que te atrapan pero que tamén te permiten vivir.

- Golpes Bajos falaba de "Malos tiempos para la lírica". ¿Seguen sendo malos para a poesía actual?

- Creo que sempre son tempos bos se un segue loitando polo que cree. A poesía segue viva e mesmo a xente nova a fai co whatsapp.

- ¿Aplícase o mesmo para Galicia?

- Penso que Galicia é das comunidades nas que a poesía ten un mellor reflexo, porque somos un pobo moi fondo.

- ¿Cales teñen sido os seus referentes poéticos?

- Vanse collendo por tempadas, e como eu xa teño unha longa tempada, conto con moitos. Podería falar dos compañeiros do grupo poético Amor e Desamor de A Coruña, Fernán Vello... Todos os autores son importantes, uns porque te identificas con eles e outros porque fan cousas diferentes.

Compartir el artículo

stats