A programación Circuítos Teatrais trae hoxe ao auditorio do IES As Barxas, de Moaña, a obra "O home almofada", de Il Maquinario Teatro, ás 22.00 horas. A actriz Melania Cruz (Lugo, 1983) interpreta un dos papeis principais.

-Por que elexiron un texto de Martin McDonagh?

-Por varios motivos. É un texto bastante cru. É un autor contemporáneo que nos interesa moito. Pertence a unha corrente de dramaturgos británicos que tratan temas como a violencia. A temática principal da obra xira en torno á cuestión da arte e se plantexan cousas como se a arte xustifica calquera tipo de conducta.

-A obra está ambientada nun país totalitario. É un drama?

-O crítico Damián Villalaín a definiu como unha "traxedia contemporánea" e cremos que nesa definición encaixa bastante ben.

-É máis difícil levar ao teatro unha traxedia deste estilo que unha comedia?

-Eu creo que cada cousa ten a súa dificultade. Este espectáculo foi moi duro á hora de traballalo, porque fala de cousas delicadas. Pero, ao mesmo tempo, o resultado foi moi satisfactorio. Tivemos moi boa acollida por parte de público, crítica e programadores. Quedamos moi contentos co resultado acadado.

-Que reaccións atopan entre o público?

-Estivemos en Galicia, nas catro provincias, e en Madrid. O público estupendo. Pensabamos que o contido do espectáculo estaba dirixido a persoas de entre 20 e 45 anos, pola historia que, ao fin e ao cabo, tamén é un thriller. Pero con público maior funcionou moi ben. Pero para nenos non é. Ten moito humor pero é unha obra dura.

-A compañía Il Maquinario Teatro está formada por xóvenes de Ourense.Hai futuro no teatro para a xente xoven?

-A compañía se formou no ano 2012. Graduámonos todos xuntos na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo. Está afincada en Ourense. A cousa está moi mal, pero non só para nós porque somos novos. Temos un 21% de IVE e isto é un crime, porque está a matar a cultura do noso país. Nós tentamos sobrevivir nesas condicións, pero temos que adicarnos a máis cousas, non podemos vivir só da nosa compañía. Pero é verdade que estamos tendo moito apoio, non económico, senón moral por parte de xente do teatro de toda a vida ou de compañeiros que tamén están iniciando as súas compañías. Saímos fóra e as cousas funcionan ben. Parece que sí pode haber un oco no no teatro galego e nacional.