O instituto Marco do Camballón acaba de publicar o terceiro volume de Marco Numérico, unha publicación de investigación matemática na que participan estudantes de secundaria e bacharelato. O centro insiste na grande implicación do alumnado para poder editar este número, dado que o curso presencial quedou interrompido en marzo tralo decreto do estado de alarma.

Os traballos que aparecen nesta publicación abordan temáticas relacionadas coas migracións e a igualdade de xénero ou test de primalidade. Os coordinadores queren destacar tres artigos que achegan análises interesantes. Son Sobre a distancia entre números primos. A conxectura de Andrica, de Erika Sánchez, Álvaro López, Óscar Couto, Isaac Datorre e Sonia Sánchez; Lei de Benford en xeradores de congruencia lineal, de Sara Villar, Sergio Pampín, Noa Pichel, Iván Fernández e Silia Santiso; e, por último, O fractal de Brasley. Un fento caótico?, elaborado por Laura Domínguez, Alba Lareo, Víctor López, Victoria Rivas e Christian Souto. O limiar deste número está asinado por Cibrán Arxibai, profesore de matemáticas e responsable do espazo web Carta Xeométrica.