A Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira volve organizar en Semana Santa os cursos de especialización musical, que suman así 14 edicións. As clases terán lugar do 6 ó 8 de abril, nas instalacións do auditorio Manuel Dopazo.Por instrumentos, Xocas Meijide encargarase das aulas de clarinete e César Concheiro das de frauta, mentres que Jordi Ortega e Pedro Pintos coordinan as de trompa, e Álex Cimadevila, as de saxo. Roberto Bodí é o docente das clases de trompeta, mentres que Miguel Franqueiro impartirá as de tuba, bombardino e trombón. Os estudantes farán prácticas en conxunto. As persoas que estean interesadas en acudir poden enviar un correo a bandadebandeira@hotmail.com ou poñerse en contacto co número de teléfono 657 877 357. Hai prazas limitadas. Ao longo dest semana a banda publicará o boletín de inscripción. O Concello de Silleda e a Deputación colaboran coa iniciativa.