| Os CEIP Xesús Golmar e Manuel Rivero recibiron onte pola mañá dúas maletas con libros de Nube branca e contos doutras editoriais. O programa é unha iniciativa da biblioteca municipal Varela Jácome para que os mestres poidan promocionar a lectura e coeducar en igualdade. En xaneiro un dos autores, Pablo Nogueira, firmará volumes na biblioteca.