Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O escritor cerdedense na Arxentina: Santiago Gómez

Recorrido pola súa vida a través das publicacións realizadas en diversas revistas, resaltando o seu libro 'De la tierra meiga'

O primeiro número da revista viguesa Vida Gallega (fundada por Jaime Solá) saíu á rúa en xaneiro de 1909 (o debuxo da portada encargóuselle a Castelao). A primeira época de Vida Gallega remataría en 1938. A publicación alternou a periodicidade quincenal e mensual.

No número 234 de Vida Gallega (1 de outubro de 1923), Santiago Gómez Tato fai un panexírico do coruñés José Ramón Lence (1874-191), director-fundador de Correo de Galicia. O nome do eloxiado acompáñase da epígrafe "Gallegos de acción". Lembra o autor o seu primeiro encontro con Lence. Froito da conversa, coñecemos a tiraxe e difusión do semanario que dirixía: "?¿Sabe cuántos se vendieron el domingo? Ya ante la imposibilidad de acierto me contesta: Doce mil solamente en la capital, luego queda el interior, el Uruguay, Chile, Paraguay, Centro América, adonde llega mi periódico y donde tengo infinidad de suscriptores". Naquelas datas Lence ocupábase de contrarrestar os ataques dun "coloso matutino" de Buenos Aires (quizais, La Nación) en cuxas páxinas se vertían diatribas contra a comunidade galega: "Extranjerismo agresivo". Nada novo baixo o sol.

O 14 de outubro de 1923, en Correo de Galicia, aparece o artigo 'El gaitero'. Gómez Tato enaltece a figura do vello Cerdeira, avantaxado músico tradicional. Falamos de Manuel Cerdeira (c. 1840-c. 1923), oriúndo do Irixo e casado e aveciñado en Cerdedo. Avó do célebre Francisco Cerdeira (1884-1957), director dunha das bandas de música de Cerdedo. Segundo o criterio de Tato e o de moitos contemporáneos, Cerdeira 'O Vello' foi o mellor gaiteiro de Terra de Montes: ... "Te recordaré, viejo Cerdeira, viejo gaitero, no sé si para reír o si para llorar; pero lo cierto es que siempre para ti tendré mi más grande admiración. Tú has sido el gaitero mejor de toda mi extensa comarca; tu gaita dulce y melodiosa entró en mi alma con ese dejo de tristeza que ahora añoro; cuando vuelvo los ojos hacia mi niñez esfumada y pretérita oigo lejanas, como en noches vividas, la voz que emerge y que sale triunfal de tu mágico, de tu divo puntero y cuando llego a pensar que ya has marchado, que la pálida "morte et mortes" te ha absorbido, deseara llorar amargamente de dolor y de añoranza, mas el sonido de tu gaita que ha llorado siempre, lejana sí, muy lejana, parezco oír y como en otrora, vuelvo a cantar, vuelvo a bailar, vuelvo a reír." (Léase o artigo dedicado ao gaiteiro Manuel Cerdeira (Faro de Vigo, 1-9-2019)). O relato 'El gaitero' recollerase tamén no seu primeiro libro De la tierra meiga (1924).

Na edición de Correo de Galicia do 9 de decembro de 1923, sección 'Bibliografía' Gómez Tato publica unha eloxiosa reseña do libro P olítica provinciana e, así mesmo, unha gabanza do seu autor: o xornalista, escritor e aventureiro arxentino Ciro Torres López (1898-¿?).

No número 240 da revista Vida Gallega (20 de decembro de 1923), na sección 'Gallegos de acción. Desde la Argentina', Gómez Tato fai unha loa de Julio de la Cuesta (1886-1933), director do semanario El Heraldo Gallego ("Órgano de las colectividades gallegas en el Plata"). O vigués, amais de xornalista, era persoa comprometida co asociacionismo galego en Buenos Aires.

A comezos de 1924, Santiago Gómez Tato publica De la tierra meiga (cuadros, tipos y costumbres gallegas) (Buenos Aires, Agencia General de Librería y Publicaciones, 84 páxinas), con prólogo de José R. Lence. No índice, ordénanse os seguintes capítulos: "Alalás", "Aturuxos", "La ruada", "San Benito", "La procesión", "La noche del molino", "El matón", "El magosto", "La hora del jolgorio", "El peregrino", "La cuerda", "La tronada", "A las fiestas de la patrona del mar", "El gaitero", "Después del triunfo", "El testamento", "La medalla" y "la novena".

O autor, nunha nota ao final do libro, enumera as amizades ás que lles dedicou os "cuadros" a medida que foron aparecendo en Correo de Galicia e El Heraldo Gallego. Con certeza, todos os relatos se publicaron ao longo do ano 1923. Da mesma autoría, o libro tamén anuncia a pronta publicación de dúas novelas: El dolor de un desengaño e El marquesado de Jallas (Xallas).

Consérvase un exemplar de De la tierra meiga na biblioteca da Fundación Penzol, en Vigo.

Na páxina 8 do número 242 da revista Vida Gallega (20 de xaneiro de 1924), sección "Desde la Argentina", Gómez Tato reseña o poemario Flores de otoño do poeta galego e xefe de redacción de Correo de Galicia Miguel Revestido (1892-1938). Tato dedícalle ao ferrolán un fervoroso ditirambo: "...Alto, como llevo dicho, enjuto de carnes, hijo del Oriente por su color, con sangre de celta, vibra en él toda el alma de su patria chica, de su añorada, de su amada terra meiga".

Na páxina 16 do mesmo número aparece unha foto do propio Santiago Gómez Tato: distinguido escritor gallego, colaborador de "Vida Gallega". O pontevedrés Progreso (29-1-1924) e os lugueses El Regional e La Provincia (31-1-1924), entre outros, enumeran o contido gráfico do número 242 de Vida Gallega e citan o retrato de Gómez Tato.

Baixo o titular Gómez Tato y nosotros, o correspondente en Montevideo de Correo de Galicia (16-3-1924) informa que o autor de De la tierra meiga decidira pospoñer a súa viaxe á capital uruguaia "obligado por su trabajo". En Montevideo, Gómez Tato ía impartir unha conferencia sobre o seu libro. En compensación, o escritor escribirá expresamente para los paisanos de Montevideo unas cuartillas originales sobre Tipos y paisajes gallegos que remitirá en fecha próxima y que daran lugar a una reunión pública en la que serán leídas y comentadas...

O correspondente tamén adianta que Tato ten no prelo un segundo libro de "narraciones regionales" que levará por título Cuentos meigos e cuxa publicación se anuncia para o vindeiro abril (do ano 24).

En Correo de Galicia (23-3-1924), na sección "Bibliografía" (páx. 4), Gómez Tato ofrece unha reseña eloxiosa do poemario Desde mi retiro de Gregorio Steimberg. Na mesma páxina e baixo o titular "La demostración a Gómez Tato", o semanario informa da celebración "días pasados" dun ágape no que os colegas do noso paisano quisieron festejar el triunfo de su nuevo libro De la tierra meiga" que, apenas aparecido, acaba de agotarse.

No número 248 da revista Vida Gallega (20 de abril de 1924), na sección "Desde América", Gómez Tato redacta unha crónica esperanzada sete meses despois do golpe de estado de Primo de Rivera (13 de setembro de 1923).

No número 250 da revista Vida Gallega (20 de maio de 1924), na sección "Desde la Argentina", Tato ocúpase de loar a sociedade "Mondoñedo y distritos" (fundada en Buenos Aires en 1920), co gallo da publicación dun seu álbum, titulado Do noso lar.

En xullo de 1924, Santiago Gómez Tato publica Céltiga (Buenos Aires, Agencia General de Librería y Publicaciones, 103 páxs.). Ben seguro, o volume que se anunciaba na prensa co título Cuentos meigos acabou titulándose Celtiga. Entre outras narracións, o libro compila: "Aves de presa", "La regueifa" y "El abrazo". Na biblioteca do Museo de Pontevedra consérvase un exemplar da obra. Como membro do consello de redacción, Gómez Tato representará os intereses da Agencia General de Librería y Publicaciones na cidade de Rosario.

O primeiro número da revista homónima Céltiga sae á rua o 30 de setembro de 1924, polo que, con certeza, o libro de Gómez Tato inspirou o nome desta publicación periódica, editada entre 1924 e 1932. A revista Céltiga, fundada e dirixida por Ramón Peña e D. Rial Seijo, contará con Blanco Amor e Suárez Picallo como directores literarios.

En Correo de Galicia do 27 de xullo de 1924, na sección "Publicaciones", aparece unha recensión de Céltiga, o segundo libro de relatos do cerdedense. Asínaa Mi-Re-Do. Reproducímola enteira:

"Bajo este nombre evocador acaba de publicar el distinguido literato gallego señor Gómez Tato, un nuevo libro de impresiones y escenas regionales que subtitula modestamente 'Pinceladas gallegas'.

Encontramos en la nueva producción del autor de De la tierra meiga unos grandes progresos y mayor seguridad en las concepciones. Indudablemente el señor Gómez Tato tiene grandes condiciones de narrador que unidas a su temperamento vehemente y a su afán por el estudio le harán sin duda alguna destacarse fácilmente entre la pléyade de escritores españoles que militan en las filas de la emigración.

Santiago Gómez Tato es un hombre joven lleno de optimismo y de ilusiones nobles y sanas. Cuando pasen los primeros momentos de prodigalidad literaria y sepa escatimar sus producciones como escatima el avaro sus dineros, saldrán con toda seguridad de su pluma narraciones de facetas más pulidas y de mayor valor literario.

Céltiga es un paso más hacia esa perfección que profetizamos sinceramente y por ello felicitamos al joven escritor que es además un buen camarada".

Compartir el artículo

stats