O Centro Cultural Vista Alegre, da Bandeira, acolleu onte á tardiña a apertura de Unha +Dous (Maneiras diferentes de mirar). Trátase dunha exposición na que os fotógrafos Aroa Martínez, Benxamín Otero e Ángel Utrera dan a coñecer ao público unha escolma das imaxes realizadas por eles mesmos. As fotos presentadas comparten un mesmo e único enfoque: as rúas ou as estampas urbanas das nosas vilas e pobos, e cada un dos creadores ofrece tres maneiras distintas de observar a mesma realidade.

Esta presentación foi organizada por Estampas Urbanas e contou coa colaboración do Concello de Silleda. Todas as persoas interesadas en acudir a esta exposición poderano facer ata a medianoite do vindeiro 17 de xullo.