Pregunta. Por que está vostede en política?

Resposta. Dende o meu posto de funcionario municipal decateime do difícil traballo de representar aos teus veciños dando a cara por todos en todos os frentes e, sendo no seu día nº 11 da lista, chegou un momento no que os meus compañeiros me escolleron como o máis axeitado para seguir a loitar por Agolada e os agoladeses.

P. Por que deberían votalo os seus veciños?

R. Levamos desde 1979 traballando arreo para potenciar Agolada, levando a cabo traballos palpables, basta ver as nosas vías de comunicación, auditorio, campo de fútbol, pendellos..., e a pesar das trabas que un concello pequeno sofre a diario. Temos grandes proxectos e queremos levalos a cabo para os agoladeses.

P. Onde se ve vostede despois do 26-M?

R. Como alcalde de Agolada, traballando dende o primeiro día do mandato.

P. Por onde pasa o futuro do seu concello?

R. Por impulsar as concentracións parcelarias, dar maiores e mellores servizos aos veciños, potenciar o agro, o turismo e a implantación de novas empresas no noso concello. E por loitar contra o despoboamento, medidas todas elas que serán atendidas nestes próximos catro anos.