A Praza da Igrexa de Silleda acolle este venres, co gallo do Día das Letras Galegas, o seu noveno Festival de Música Tradicional do Concello de Silleda. En caso de que o tempo non acompañe, o evento trasladarase ao auditorio da Semana Verde. A partir das 12.00 horas actuarán os seguintes grupos: Os Carqueixas, de Lamela; as pandereteiras A Saleta, de Siador; Xirandola, da Bandeira; Aires do Trasdeza, vinculados ao colegio María Inmaculada; as pandereteiras A Xariza, de Parada; os Gaiteiros da Pereiriña, de Ansemil-Martixe; as pandereteiras Aturuxo, tamén de Ansemil-Martixe; O Son da Fervenza, de Escuadro; e os estudantes da Aula de Música Tradicional da Escola de Música de Silleda. O festival estará presentado pola actriz Cristina Collazo, que tén posto en marcha diversos grupos de teatro infantís e xuvenís tanto en Silleda como noutros municipios veciños. Este festival conta co apoio tanto da Deputación de Pontevedra como de La Caixa e varias entidades empresarias deste concello trasdezao.