Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Carlos Negro Romero: "A poesía sempre se moveu un pouco nas marxes, pero está moi viva"

"A cuestión é explicarlle aos xóvenes que está nas cancións, nos grafitis e no rap"

Negro co premio Jules Verne de poemario xuvenil. // Manuel G. Vicente

O pasado 20 de outubro, nas instalacións do Museo do Mar de Galicia en Vigo, tivo lugar a festa de entrega dos Premios Xerais 2018. Entre os galardoados atópase o escritor lalinense Carlos Negro Romero pola súa obra "Aplicación instantánea" que obtivo o X Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.

-Que conta unha obra como "Aplicación instantánea"?

-A poesía máis que contar o que prefiere é suxerir. Nesta obra rátase dunha especie de xogo poético coas novas tecnoloxías tan de moda hoxe en día porque hai como catro perfís de Instagram, e cada un corresponde a unha personalidade distinta que vai expresando a través de poemas os seus sentimentos, as súas emocións e as súas formas de ver o mundo.

-Como hai que "venderlle" a poesía aos xóvenes de hoxe?

-Pois sobre todo tratándoa con naturalidade, como algo que está cercano a súa vida, e non cunha especie de medo solemne, como se fose algo só para unha élite. A cuestión é explicarlles que a poesía non está só nos libros, que está nas cancións, que está nos grafitis, que está no rap, as veces incluso na publicidade, e que a linguaxe poética é algo máis amplo co que estudiábamos na escola dos libros, sonetos ou romances. Que a linguaxe poética é unha maneira de ver o mundo e que pode expresar perfectamente as emocións e os dilemas vitais que eles teñen nestas idades tan complexas.

-Non pensa que á poesía pasóulle igual que as matemáticas e non superon ensinala ben?

-Pois probablemente porque quizáis houbo un exceso formalista, de empezar a casa polo tellado, non? Por buscarlle un sentido a todo, por contar sílabas, por aprender recursos retóricos de memoria, e a esas idades o máis importante é entrar doutra maneira. Entrar polas emocións, pola suxestión, polo xogo e tamén con poemas máis frescos e non só cos clásicos, aínda que tamén os clásicos, é hoxe en día hai moitas opcións de aprender poesía e de ler poesía incluso a través das redes sociais como Instagram, YouTube e demáis. A poesía sempre se moveu nas marxes, pero está moi viva, e iso hai que aproveitalo coa xuventude. Por outra banda, tamén é verdade que os destinatarios son mozos e mozas que non estarán, a maioría, afeitos a ler poesía. E se cadra facer un poemario pensado para o seu tempo é unha maneira de inicialos na poesía. Digo eu.

-Que hai das súas raíces lalinenses na súa obra literaria?

-Neste non moito porque non é un libro que estea ligado a unha visión da miña vida nin nada semellante. O rastro do Deza ou de Lalín pode habelo noutros libros, pero este é un libro moi ligado á creación de personaxes, de máscaras e de perfís. Non é unha poesía autobiográfica, nin que pretenda expresar algo moi persoal. Xoga coa ficción e con crear outros personaxes e outras voces. Neste libro en concreto non podo decir que haxa algo que teña que ver coas miñas orixes, non.

-Ten pensado seguir producindo en clave poética ou vaise pasar á prosa no próximo libro?

-Pois non sinto ningunha necesidade de pasarme a nada porque a fin de contas a poesía é un campo e un universo moi amplo, afortunadamente. Non me nego tampouco a pasarme á prosa, pero síntome máis cómodo de momento no eido poético e non sei como será o futuro. De momento, teño que adicarme un pouquiño á promoción deste libro por razóns obvias. Supoño que nos vindeiros meses estarei adicado a ir polos institutos e polos centros de ensino con el, que é algo que tamén me gusta. E despois xa se verá, porque non teño ningún plan a medio prazo de escribir poesía ou prosa. Levo unha traxectoria na que está claro que son máis poeta que narrador, evidentemente.

Compartir el artículo

stats