Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ofelia Otero Penas: "Cando pechamos a mercería, en 2008, e despois de 46 anos, algunha xente choraba"

"Neira Vilas e Anisia Miranda non eran solo uns veciños, eran como uns irmáns"

Ofelia Otero, onte, na parroquia cruceña de Gres. // Bernabé/Ana Agra

Ofelia Otero fala con esa tranquilidade que dan os seus 84 anos e, tamén, que transmiten as augas do Ulla ao seu paso por Gres. A idade non lle impide ler os xornais por internet e dispoñer dun correo electrónico propio. As súas habilidades coas tecnoloxías véñenlle de vello, porque durante décadas combinou o seu traballo na mercería Novedades Ofelia cunha sucursal bancaria.

-Abriu a mercería no 1962. Daquelas sería toda unha novidade en Gres.

-Foi unha novidade moi grande.Eu establecérame en Santiago en 1957, no número 3 da Rúa Nova, tendo como veciños a unha librería e unha marmolería. Nesa tenda, "Confecciones Ofelia", ofrecíamos só xéneros de punto. Lembro que abrín un xoves e antes do domingo xa tiña máis de vinte prendas encargadas para facer. Cheguei a ter catro empregadas. Pero en 1962, cando eu estaba a punto de casar,faleceu a miña tía e madriña de bautizo, así que voltei para Gres para coidar do meu tío. Montamos a tenda no baixo da vivenda, medianeira con A de Rafael. Daquelas en Gres solo había unha panadería e unha carnicería, así que os veciños, se querían mercar roupa, tiñan que ir á Estrada, que está a 21 quilómetros, ao casco urbano de Cruces, a 19, ou a Santiago, que se atopa a 25.

-E despois chegou a sucursal do Banco Hispanoamericano.

-Si, no 1968. Despois pasaría a ser do Banco Central e, co tempo, do Banco Santander. A mediados dos anos 50 contábase por lotes a xente de Gres e das parroquias veciñas que emigraba a Arxentina, e de aí a necesidade dunha sucursal para tramitar os xiros de diñeiro. Foi ao meu marido [Bernardino Barreiros] a quen lle concederon a sucursal. Cando faleceu en 1990, encargueime eu dela, e de aí que esté acostumada a empregar o ordenador. As miñas amigas de cuna emigraron, e alá están. Unha era de Camanzo, outra de Ledesma, outra de Bascuas...Gres tiña, e tén, moi pouca terra como para vivir da agricultura. Así se explica que aínda hoxe a xente siga emigrando, aínda que teña estudos superiores.

-Abriu a tenda á beira do Ulla, así que seguro que tiña clientela dos dous lados do río.

-Aquí viña mercar xente de Cira, de Ledesma, de Bendaña, de Rebordaos... podo dicir que tiña ata clienes que vivían cerca da Susana, a cinco minutos de Santiago. Creo que tiñamos tan boa clientela porque nunca repetíamos prendas. Surtíamonos de almacéns de Vigo e da Coruña, e ofreciamos desde roupa de bebé ata regalo para vodas. Cando me xubilei seguiu á fronte do negocio a miña filla Olga, ata que aprobou as oposicións, así que en 2008 decidimos liquidar e pechar a tenda, porque non nos gustaba traspasalo, xa que se atopaba na vivenda. Algunha clienta chorou cando se enterou da liquidación, porque moitas viñan mercar todo aquí, Eu coñecía tan ben os seus gustos e os da súa familia que temían non atopar outra tenda. A algunha ata lle regalei unha falda, cado liquidamos, para que lle quedase de lembranza.

-Fala da súa clientela como amigos. E sei que, vivindo a 150 metros de distancia de Xosé Neira Vilas, tamén mantiveron un lazo moi estreito. ¿Cómo eran el e a súa dona, Anisia Miranda?

-Para min non eran uns clientes nin uns veciños máis, porque eran comos meus irmáns, como uns fillos, como uns pais... Cando Neira estivo emigrado,nunca deixou de escribirse co meu marido, e cando Bernardino faleceu, con 60 anos, seguiu carteándose comigo. Neira era extremadamente sinxelo, humilde. Lembro que cada vez que viña alguén á Fundación para investigar sobre a súa figura e a súa obra e lle preguntaba cómo quería que o tratase, el respondía "chámame Pepe". A apertura da Fundación Neira Vilas foi todo un bum para a parroquia de Gres, porque atraeu e atrae a moita xente. Na homenaxe que se lle fixo a finais de xullo nas Insuas, polo 25º aniversario da apertura, xuntámonos máis de 300 persoas.

Compartir el artículo

stats