| Catro integrantes de Rapa das Bestas de Sabucedo desprazáronse a Portugal, onde o xoven Luís Vázquez presentaba o seu traballo "Cabalos do Vento", unha mostra que se pode desfrutar na recoñecida Leica Gallery Porto. Esta exposición é froito do traballo realizado por Luís Vázquez durante máis de tres anos, tempo no que se implicou plenamente coa Rapa das Bestas, acompañando á asociación durante todo o ano para entender a esencia desta celebración.