15 de mayo de 2018
15.05.2018

Vista Alegre rezuma artes plásticas

Traballos de trinta artistas da bisbarra poden ollarse en 'Dezarte' ata o 29 de xuño

15.05.2018 | 03:42
A mostra de artes plásticas foi inaugurada onte á tardiña no centro cultural da Bandeira. // Bernabé/Javier Lalín

Obras de trinta artistas dezaos poden verse desde onte, e ata finais de xuño, na sala de exposicións do Centro Cultural Vista Alegre. A asociación bandeirense que o dirixe puxo en marcha a terceira edición de Dezarte, coa que abre unha semana de actividades culturais no marco do Día das Letras Galegas. Non en van, tamén desde onte pode ollarse no centro cultural unha mostra sobre a vida e a obra da autora a quen se dedica este ano o 17 de maio, María Victoria Moreno.

Dezarte xa está en marcha. Son traballos de trinta artistas plásticos da comarca e poden verse desde onte, e ata o vindeiro 29 de xuño, na sala de exposicións do Centro Cultural Vista Alegre, da Bandeira. Se moitos son xa os protagonistas da mostra, máis foron aínda os que acudiron onte á tardiña á inauguración da mesma. Canda a presidenta da asociación cultural organizadora, Dolores Sangiao, estiveron os alcaldes de Silleda e Lalín, Manuel Cuíña e Rafael Cuíña; o senador José Crespo; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; amais de concelleiros do goberno e da oposición de Silleda e numerosos veciños da contorna, atraídos por tan variada mostra.

Pilar Abades, Gloria Alonso, Teresa Báscuas, Carolina Cabaleiro, Teresa Caramés, Tania Cuíña, Lois Domato, Xurxo Domato, José Antonio Fondevila, José Goris, Antón Iglesias, Paco Lareo, Antía López, Evaristo López, Xoelia López, Eduardo Meijomence, Daniel Méndez, Marisa Miguélez, Beatriz Mosquera, Carmen Payo, Alfonso Santomé, José Antonio Santomé, Carlos Santos, Sé Senande, Ángel Utrera, Pepe Vega, Germán Vilariño, Óscar Vilar, Josefina Villanueva e María Villanueva son os autores das obras expostas no centro, algúns a título póstumo. A pintura é a arte predominante nunha mostra na que tamén poden contemplarse traballos de fotografía ou escultura. Está aberta de luns a venres entre as 16:00 e as 22:00 horas.

Letras Galegas

De xeito paralelo, a Asociación Cultural Vista Alegre abriu onte unha exposición sobre a vida e a obra de María Victoria Moreno, autora á que se dedica este ano o 17 de maio, Día das Letras Galegas. Neste caso, a mostra permanecerá no centro ata o vindeiro venres, día 18.

A Semana Cultural 2018 continúa hoxe coa presentación do proxecto de Cogami Extraordinariamente capaces, e ti?. Será ás 20:00 horas e abordará a dinámica de presentación de grupos, amais de dar a coñecer o centro de recursos de Medelo. Tamén haberá un masterclass de zumba e chocolatada. O mércores, ás 20:30 horas, actuará o grupo de teatro Medias Verdes, coa peza Espera, espera! es pera.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia