Os populares de Silleda saen ao paso da publicación, por parte do goberno, do calendario de pagos á empresa Serinter, a concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ata marzo. O portavoz do partido, Ignacio Maril, di que con esta publicación queda confirmado que dende o pleno de novembro, cando o partido esixiu explicacións do conflicto entre a empresa e a plantilla, "o grupo de goberno demorou o pago das facturas deste servicio ata que as traballadoras comezaron as mobilizacións", cunha protesta diante do consistorio incluida. O PP apunta que as facturas que se presentaron en decembro e xaneiro pagáronse con 41 e 48 días despois da presentación, e corrixe ao alcalde, Manuel Cuíña, dicindo que non se pagou unha factura no mesmo día, xa que non era un pago senón unha devolución da empresa concesionaria ao Concello, de 1.578 euros, o 1 de setembro.

Ao PP non lle serve o peche de exercicio como argumento para pechar os pagos, posto que en decembro "procedeuse a conceder algún adianto de subvencións a entidades do Concello e incluso se aprobaron dous decretos polos que se aprobaron outras tantas operacións de endebedamento por un importe de 819.000 euros, para facer fronte ás súas obrigas", apunta Maril. O PP considera qe a regularización dos pagos á empresa veu motivada pola necesidade do Voncello de ter os abonos actualizados antes do 28 de febreiro para nn perder a axuda aprobada polo Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais. O partido pídelle ao rexedor "que non perxudique ás traballadoras do servizo", en referencia ás cinco persoas que non van ser subrogadas pola nova adxudicataria, Saluvi, por non figurar na lista ao estaren de baixa.