Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A Escola de Donramiro honra ao 'Cacharreiro'

Os nenos celebran o I Entroido Solidario no que reunirán alimentos non perecedeiros

Moito son os que aínda se acordan do Cacharreiro de Donramiro, un veciño da parroquia que se adicaba a vender e intercambiar os seus cacharros -potas, xarróns, pratos de barro, entre outras cosas- polas feiras. Sen dúbida unha persoa que recordan con agarimo na aldea, por iso os alumnos da Escola de Educación Infantil de Donramiron farán a súa homenaxe particular no día de maña co galo do Entroido.

Manuel Rodríguez López, así era o nome do Cacharreiro, compraba os productos para logo vendelos nas feiras. Nos tempos de fame, contan que o hombe intercambiaba os seus cacharros por trigo, patacas, e demais alimentos. O troco, as medidas tradicionais como o ferrado e a elaboración propia de obxectos con barro, foron o que aprenderon os usuarios do centro educativo da parroquia lalinense. Levan un tempo traballando na elaboración destes detalles que ahora tentarán intercambiar no bar Suso de Donramiro por productos non perecedeiros. Os pequenos realizaron todo un proceso para poñer en marcha o seu entroido solidario. Primeiro falaron co sobriño do Cacharreiro, que lles explicou que os obxectos os levaba en cestas envoltos en palla para que non rompera. Ademais diso, contoulles que o seu tío ía de feira en feira en burro.

Unha vez conseguida toda a información puxéronse mans á obra. Primeiro elaboraron o seu particular Cacharreiro. Crearon unha máscara cabezuda para representar a esta persoa. E logo, fabricaron os seus cacharros que trocarán por comida e que donarán ou ben a algunha asociación que axude aos máis necesitados ou ao depósito de alimentos municipal. Todo este traballo proxectárono na súa conta particular de instagram @outra_escola, unha ferramenta máis das súas profesoras Flora Mato García e Mercedes Rivas Abeledo.

Un total de 15 alumnos de entre 3 e 6 anos conforman esta escola tamén chamada unitaria, onde a aprendizaxe "manipulativa" é primordial. O exemplo de aprender xogando e creando dáse todos os días nas aulas da escola. Agora, esta nova iniciativa do centro serve para que os pequenos aprendan importantes aspectos como a tradición, a cultura e a solidaridade. Por iso mismo mañá debe de ser unha parada obligada no bar Suso de Donramiro de 12.00 a 13.00 horas para intercamiar un kilograma de alimentos non perecedeiros -arroz, pasta, fariña e demais- por estes logrados cacharros dos alumnos da Escola Educación Infantil de Donramiro. Os pequenos, aproveitando que é carnaval e para afundirse de cheo no seu papel, estarán vestidos como feirantes da época. Ao encontro, seguro que non faltará o novo Cacharreiro feito polos nenos.

Compartir el artículo

stats