Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"As redes sociais considéranse un tipo de adicción"

-Podemos incluir as redes sociais e o uso do móbil como conductas adictivas?

-As redes socias sobre todo, xa que encima poden derivar noutros tipos de conductas de acoso como o bullying ou o sexting -difusión de contidos sexuais sen autorización-. Existe un consumo excesivo de redes sociais, porque parece que non podemos facer nada sen que esto esté plasmado nelas, ter que captar todo e subir todo deriva en que a nosa satisfacción social céntrase na resposta que teñen as publicacións nas redes sociais. O mesmo ocurre ca necesidade de estar constantemente co móbil cerca.

-Pódese controlar o acceso e uso das redes na poboación máis xoven?

-Está demostrado que a facilidade de acceso é un problema, é unha ferramenta moi poderosa que teñen nas mans que non se está xestionando correctamente. Agora ben, os mensaxes prohibitivos nunca funcionaron ben, sobre todo na adolescencia, decirlle que non a un mozo desa idade só resultará en que este teña máis ganas de facelo. O que se debe facer é acompañar a esas persoas que están en proceso de aprendizaxe para que fagan un uso correcto. Obviamente, é custoso, e sempre resultará máis fácil prohibir, a eficiencia de estar constantemente educando é algo máis tardío pero dende logo moito máis eficaz.

Compartir el artículo

stats